Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de decembro de 2018

Actuacións de Musicreques este Nadal en Curtis e Riveira

Nesta semana de vacacións de Nadal Musicreques ten previstas dúas actuacións. 

O venres 28, representaremos o conto musical con monicreques Iván e o lobo gris dentro da programación de Nadal do Concello de Curtis. A actuación será ás 17:00 no Edificio Multiusos.


O sábado 29 viaxaremos ata Riveira para compartir cos rapaciños o espectáculo para bebés O Quebranoces. Nesta ocasión a representación será ás 12:00 da mañá na Aula Municipal de ballet. 

Esperamos contar convosco.

sábado, 15 de decembro de 2018

Unha nova representación de Musicreques este domingo

Despois da actuación o pasado domingo en O Carballiño, e a de onte no Ceip Almirante Juan de Lángara (Ferrol), estámonos a preparar para a representación de mañá dentro do programa de actividades no Nadal do Concello de A Baña. 

As aventuras de Quebranoces foi o noso primeiro espectáculo de monicreques e ten sempre moi boa acollida. O fermoso conto de Hoffmann interpretado coa música en directo da Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky é sempre un espectáculo máxico no que disfrutamos un montón. 

E quen mellor que a Fada de Azucre para traer a maxia ao monicreque de Quebranoces? Con ela o pequeno boneco quebra-noces transfórmase nun valente soldadiño que loitará co Rei Rato e viaxará por todo o mundo vivindo grandes aventuras.

A Fada de Azucre é un dos monicreques que aparecen no conto musical de Musicreques "As aventuras de Quebranoces"
A cita é ás 16:00 na Casa da Cultura. Vinde a gozar connosco!

xoves, 6 de decembro de 2018

Outro video do Quebranoces en Youtube

O prometido é débeda. Tal e como vos adiantamos noutro post, temos outro video dos nosos monicreques dispoñible na canle de Musicreques en Youtube e, nesta ocasión, o protagonista é Quebranoces. 

Poderá axudar a Clara o valente soldadiño coa decoración da árbore de Nadal ou será mellor que non faga nada? Se queredes ter a resposta teredes que ver o video ata o final. 

Esperemos que vos guste!


sábado, 30 de decembro de 2017

Musicreques no Nadal de Pontedeume

O próximo día 2 de xaneiro Musicreques vai realizar unha función dobre na casa da Cultura de Pontedeume. 

Ás 18:00 representaremos "O Quebranoces" para bebés" e ás 19:00 "Iván e o lobo gris".


Se queredes gozar dunha tarde de música, maxia e contos, non faltedes!