Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de outubro de 2016

O sábado 5 de novembro estaremos en A Coruña


O próximo sábado 5 de novembro Musicreques actúa ás 12:00 na sede de Afundación de A Coruña, dentro do Festival Sea Sons organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro e MusicArte.

O espectáculo que poderedes ver será Iván e o lobo gris. Lembrade que a derradeira vez que o representamos na Coruña, no Museo de Arte Contemporáneo (MAC), quedou moita xente sen poder gozar do espectáculo porque houbo moita afluencia de público. Desta vez haberá que mercar entrada, pero esperamos ter moito público tamén, así que vos recomendamos non o deixedes para o último momento.

Comunicounos a organización do Festival que a entrada (5 euros) é válida para un adulto e dos e dos nenos. Poñémosvos aquí o enlace para comprar as entradas: Ataquilla

Invitámosvos tamén a asistir ás outras actuacións ofertadas no festival. Seguro que van estar fantásticas.

 

martes, 8 de marzo de 2016

Musicreques tivo moitísimo público na representación no MAC

A afluencia de público para a sesión de Iván e o lobo gris que fixemos o pasado domingo no MAC de A Coruña foi tan numerosa que moita xente tivo que dar volta para casa porque o aforo estaba cheo xa media hora antes de que empezara a representación. Duascentas cincuenta persoas presenciaron as aventuras e desventuras de Iván pero alomemos outras cen quedaron fora por falta de espazo. Sentimos moitísimo que tantos rapaciños se decepcionaran por non poder ver aos simpáticos personaxes do conto e esperamos ter ocasión de volver pronto a Coruña para poder compensalos.

Foi todo un pracer interpretar as Danzas Eslavas de Dvorak en un estupendo piano Yamaha e actuar para un público tan atento e participativo.


Querémosvos agradecer que vos achegásedes ao término do conto para felicitarnos pola representación e facernos saber cantos vos gustou e, especialmente, agradecer tamén a Nicky pola gran axuda que nos prestou. Dende aquí enviámoslle un saúdo e os nosos desexos para que teña tamén moito público na súa representación de monicreques este próximo fin de semana no Teatro do Andamio.

martes, 1 de marzo de 2016

Musicreques actúará este domingo nos concertos didácticos DO, RE, BIP do MAC

Fainos moita ilusión comunicarvos que Musicreques actuará o este domingo 6 de marzo ás 12:30 nos conciertos didácticos Do, Re, Bip do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) de A Coruña. A entrada é libre ata completar aforo así que vos recomendamos cheguéis con tempo dabondo. Representaremos o conto de "Iván e o lobo gris" cos nosos amigos monicreques e interpretaremos a fermosa música de A. Dvorak ao piano.

Se non coñecedes o espectáculo podédevos informar neste link : Iván e o lobo gris


Esperámosvos!

xoves, 11 de febreiro de 2016

Novas da actividade de Musicreques

Alégranos anunciarvos que, tras estas complicadas datas nas que a nosa actividade paralizouse por unha situación familiar grave, Musicreques volve a acción.

Empezaremos por retomar a manufactura dos nosos monicreques para o próximo espectáculo que andamos a preparar. Para aqueles que non vos decatedes de cal é, lembrámosvos que xa comezamos hai uns mesiños con "O carnaval dos animais" ca fermosa música de C. Saint-Saëns. Polo de agora temos uns cantos animais xa feitos e parte da música xa estudada así que, a non ser que xurdan novos imprevistos, contamos que teremos todo listo para a seguinte temporada. 

Compartimos con vós unha foto dalgúns dos animas aéreos (galiña e poliño, paxaros) e acuáticos (estrela e cabaliño de mar). Outro día ensinarémosvos o león, o elefante ou a tartaruga...


A que o paxariño azul ten un poco cara de lelo? esa era a nosa idea cuando o fixemos.... Pero non vos imos contar o por que, teredes que esperar a ver o espectáculo.

Por certo. Temos boas novas para os nosos seguidores da cidade de A Coruña que levan tempo reclamándonos unha actuación na cidade. O domingo 3 de abril ás 12:30 interpretaremos "Iván e o lobo gris" no ciclo de Concertos didácticos DO-RE-BIP do Museo de Arte Contemporáneo (Mac) Gas Natural Fenosa.