luns, 21 de outubro de 2013

Audios de As aventuras de Quebranoces

Ola amigos! Este fin de semana colgamos dous mp3 de "As aventuras de Quebranoces" na páxina de facebook


onde podedes escoitar tanto a parte de interpretación ao piano da Danza das Frautas e a Danza Rusa, como tamén anacos do diálogo que realizan os monicreques nas escenas correspondentes ao Conservatorio e Rusia. Esperamos que vos gusten! 


Visitádenos en facebook. Xa temos 120 seguidores!

xoves, 17 de outubro de 2013

Un novembro cheo de concertos didácticos

Queremos compartir con vosco a axenda que temos programada para o próximo mes de novembro.

Emociónanos enormemente poder interpretar nese mes o noso concerto didáctico "As aventuras de Quebranoces" para, aproximadamente, uns 500 nenos de catro colexios. O primeiro será o Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares, ao que iremos o día 8. O venres da semana seguinte, día 15, será a quenda de o Ceip. de Gándara-Sofán no Concello de Carballo. O 22 tócalle ao Ceip. Inmaculada-La Salle de Santiago de Compostela e, por último, remataremos as actuacións de novembro o día 29 no Ceip. O Ramo, de Barallobre, no Concello de Fene.


Non imos parar!

mércores, 9 de outubro de 2013

Seguimos a nosa viaxe polos coles

Seguimos a levar o noso Concerto didáctico de viaxe polos colexios. O próximo 29 de novembro teremos o pracer de facer a nosa representación para os nenos de o Ceip. O Ramo de Barallobre, Fene. 


Clara e Quebranoces non queren esperar e marcharon xa para coñecer aos nenos do cole


sábado, 5 de outubro de 2013

Preparando outra actuación

Lucía, a coordinadora da biblioteca do Ceip Mesón do Vento de Ordes, solicitounos a Guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" para preparar a actuación que próximamente Musicreques fará no seu colexio. Xa nos tarda que chegue a data!


xoves, 3 de outubro de 2013

Vestiario dos monicreques

Xa coñecedes ás intérpretes Alma e Loreto, que son a cara visible de Musicreques, pero o traballo da Asociación ten tamén outra cara máis agachada, aínda que tamén moi importante para o proxecto artístico. 

Hoxe imos presentarvos a Marisa e Bea, as artistas encargadas do deseño e realización do vestiario dos monicreques. 



O seu labor ca agulla impresiona pola multitude de detalles que enche as saias, mandís, panos, e sombreiros que lucen os nosos pequenos bonecos.



Gracias ao seu traballo, os nosos monicreques teñen un "algo" especial que enche de tenrura a quen os ve cobrar vida no escenario. Non pensades o mesmo?