luns, 20 de maio de 2019

Impresionante a participación dos escolares no Contacontos Musical

O pasado mércores 15 e o xoves 16 visitamos dous centros educativos co gallo do día das Letras Galegas para celebrar a nosa língua co espectáculo Contacontos Musical, e alucinamos coa participación dos escolares do Ceip Ponte Carreira do Concello de Frades e do Ceip Oza dos Ríos do Concello Oza-Cesuras. 

A participación no contacontos por parte dos rapaciños é sempre moi activa, mais nesta ocasión á segunda vez que os rapaces escoitaban unha melodía... xa a estaban a cantar!! Repetiron todo o que lles soaba, respostaron ás preguntas, resolveron as adiviñas e incluso cantaron o que non adoita cantar o público. Que ben o pasamos! 

O próximo mércores 22 viaxaremos ata Valdoviño para visitar un cole que xa nos ten acollido con agarimo en ocasións anteriores, o Cpi de Atios.


xoves, 16 de maio de 2019

Musicreques en Cultura no Camiño

Musicreques participa no programa "Cultura no Camiño" de Agadic con tres espectáculos de monicreques para público infantil e familiar.

Hai dous espectáculos para nenos entre 3 e 10 anos Iván e o lobo gris e As aventuras de Quebranoces, e un espectáculo para bebés O Quebranoces. Todos eles con fermosa música de piano interpretada en directo.


martes, 7 de maio de 2019

O Contacontos Musical de Musicreques segue visitando Concellos

Este mes de Maio continuamos a facer o noso Contacontos Musical por distintos lugares da provincia de A Coruña. 


Visitaremos os Concellos de Frades, Oza-Cesuras e Valdoviño, os días 15, 16 e 22.