As aventuras de Quebranoces

Cartel do espectáculo:

Descripción: 
O espectáculo “As aventuras de Quebranoces” consiste na representación con teatro de monicreques dunha historia, de guión propio, baseada no conto “Quebranoces e o Rei do Ratos” (escrito por E. T. A. Hoffmann), mentres se interpreta en directo ao piano a música da Suite  “O Quebranoces” de P. I. Tchaikovsky. 

Sinopse: O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar aos nosos protagonistas levándoos de viaxe polo mundo. Asi, Clara e Quebranoces viaxarán a Rusia, Exipto e China, onde coñecerán a outros personaxes e vivirán moitas aventuras. 


Se queres ver máis fotos pincha aquí

Os números musicais de breve duración de “O Quebranoces” de Tchaikovsky, xunto coa escenificación con monicreques do conto de Hoffmann e o continuo cambio de ritmo argumental da escena, fan un concerto moi dinámico no que os espectadores non teñen tempo para distraer a súa atención. Para elo empréganse tamén diapositivas nas que os protagonistas da historia amosan aos nenos imaxes das súas aventuras na súa viaxe polo mundo.



Idades recomendadas: 
O espectáculo está especialmente pensado para nenos/as en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Duración: 
1 hora.

Requisitos técnicos: 
Un espazo para a representación de tamaño medio coa mellor acústica posible e que poida ter a mínima luz exterior.
Espazo escénico mínimo: 4 m ancho, 3 m fondo, 2'10 alto.
Posibles distribucións do espazo:







Video do espectáculo:


Folleto do espectáculo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario