domingo, 17 de novembro de 2019

A páxina de Facebook segue a medrar

A nosa comunidade de Facebook está a medrar. Alégranos poder compartir convosco que xa superamos os 555 seguidores!! Xa sabemos que igual para vós 500 seguidores non son tantos, mais para nós significa que moito do noso público quedou contento connosco e quere estar ao día da nosa axenda, e claro, fainos ilusión! 

Se aínda non nos seguides, recomendámovos que o fagades porque alí tedes toda a nosa actividade actualizada e, se xa o facedes, non vos esquezades de recomendar a páxina de Musicreques aos vosos amigos. Sería unha mágoa que se perderan algunha das nosas actuacións, verdade?


Musicreques actuou en Cedeira

Onte actuamos no Concello de Cedeira dentro da programación de Agadic co noso conto-musical Iván e o lobo gris. Foi unha desas actuacións que lembraremos moito tempo pola boa acollida de público e críticas, e por ter a oportunidade de tocar nun piano fantástico.


Os rapaciños pasárono pipa coas andanzas de Iván e o seu amigo o lobo, e non quisieron perder a oportunidade de sacarse unas fotos cos monicreques ao remate da función. Algúns deles amosaban a súa curiosidade preguntando cousas como: "Os monicreques falan de verdade?"  ou "Que hai no pote da bruxa?".

Gozamos moito da nosa visita ao Concello de Cedeira e esperamos volver pronto con outra das nosas funcións. Queremos tamén agradecer o marabilloso traballo de Quique, o técnico, que nos axudou moitísmo, coas luces e o son, a que o espectáculo saíra tan fantásticamente ben.