Agora que semella que todo vai cara a nova normalidade, alégranos poder comunicarvos que estamos a concretar datas para novas representacións. Algúns Concellos como Bergondo, Carnota, Ordes, Laracha, etc... están a contactar connosco para engadir os nosos espectáculos ás súas programacións culturais.
Se queredes estar ao día e non perdervos ningunha das nosas novidades, non deixedes de seguir as nosas páxinas de Facebook , Instagram ou Youtube.
Tal e como vos adiantabamos estes días, xa hai novos videos nas nosas contas de Facebook, Instagram, e Youtube. Unha canción, un contacontos con música e unha escena co monicreque da bruxa Baba Iaga.
O primero video que colgamos foi o de a Canción do pitiño. Subímolo polo día da poesía e fala de galos, galiñas e pitiños amarelos. Fixémos a canción estes días pensando en todos ese pitiños que teñen que quedar na casa por mor do coronavirus. O estribillo vai no video para que vos sexa máis doado cantalo, mais se queredes ver a letra completa do poema deixámola a continuación:
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
No poleiro está o galo
de vistosa crista vermella,
dous agudos espolóns
e andares fachendosos,
que vixía o galiñeiro
e o defende dos raposos.
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
xunto ao galo, a galiña,
de tamaño máis pequeno
e de plumas de cor ouro,
quen sentando quenta o niño
e un ovo, que é un tesouro,
porque dentro está o pitiño.
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
E os pitiños amarelos
que andan a buscar o millo,
comen vermes é miñocas
e mentras o galo canta...
KIKIRIKÍ!!...🎶🎶🎶🎶
amolan ás galiñas chocas.
Pitiño! Pitiño! Queda calmo no niño
descansa e non teñas medo
que non vas estar soíño!
Outro video que poderes ver é o do conto musicado "A galiña Carmiña". Un dos contos incluídos no espectáculo Contacontos Musicais que levamos representando dende o ano 2017 pola Comunidade Autónoma de Galicia. Este sinxelo conto está pensado especialmente para bebés e nenos de 3 a 6 anos, mais gusta a pequenos e maiores pola historia que conta, o uso dos monicreques e o emprego de música de piano (habitualmente en directo) para dar a atmósfera axeitada a cada escena. A peza que se escoita na maior parte do conto e a Gymnopedie nº 1 de Erik Satie.
E para rematar, hoxe colgamos a adaptación a estes tempos de confinamento polo coronavirus do video da bruxa Baba Iaga (que fixéramos polo Samaín). A simpática bruxa manda unha mensaxe aos rapaciños que esperamos que lles divirta e entreteña.
Por hoxe nada máis. Moito ánimo a todos, que xa queda un día menos e xuntos o conseguiremos!!
Últimamente, alguns dos nosos seguidores, puxéronse en contacto con nós para saber se iamos vistar as súas localidades, así que aquí vos deixamos a lista dos Concellos onde imos actuar neste último trimestre do ano. Para saber as datas ou se engadimos novas localidades á lista, teredes que esperar a que as vaiamos publicando nas redes, tanto aquí no blog como na nosa páxina de facebook.
Co gallo da apertura mañá do prazo de contratación para a Rede Cultural da Deputación de A Coruña, compartimos convosco o video dun dos nosos espectáculos en cartel, O Quebranoces.
Ademáis deste espectáculo (para bebés), tamén temos disponible na Rede Cultural outros dous contos musicais con monicreques, para nenos de tres a 12 anos.
Iván e o lobo gris (unha historia de aventuras polo bosque con música de A. Dvorak)
Despois da actuación o pasado domingo en O Carballiño, e a de onte no Ceip Almirante Juan de Lángara (Ferrol), estámonos a preparar para a representación de mañá dentro do programa de actividades no Nadal do Concello de A Baña.
As aventuras de Quebranoces foi o noso primeiro espectáculo de monicreques e ten sempre moi boa acollida. O fermoso conto de Hoffmann interpretado coa música en directo da Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky é sempre un espectáculo máxico no que disfrutamos un montón.
E quen mellor que a Fada de Azucre para traer a maxia ao monicreque de Quebranoces? Con ela o pequeno boneco quebra-noces transfórmase nun valente soldadiño que loitará co Rei Rato e viaxará por todo o mundo vivindo grandes aventuras.
A Fada de Azucre é un dos monicreques que aparecen no conto musical de Musicreques "As aventuras de Quebranoces"
A cita é ás 16:00 na Casa da Cultura. Vinde a gozar connosco!
O prometido é débeda. Tal e como vos adiantamos noutro post, temos outro video dos nosos monicreques dispoñible na canle de Musicreques en Youtube e, nesta ocasión, o protagonista é Quebranoces.
Poderá axudar a Clara o valente soldadiño coa decoración da árbore de Nadal ou será mellor que non faga nada? Se queredes ter a resposta teredes que ver o video ata o final.
Nas últimas actuacións tivemos moitísmos nenos que quixeron achegarse aos monicreques para velos de preto, tocalos e sacarse unha foto con eles. Sempre é un momento máxico ver as suas cariñas cando por fin teñen os monicreques ao seu alcance e a nós gústanos moito poder ter a ocasión de preguntarlles cal é a súa personaxe preferida.
Debido á grandísima demanda de fotos e para evitar problemas co espazo ou material da escena, nas próximas ocasións levaremos os monicreques ata a porta para que os rapaces poidan despedirse dos protagonistas do conto, velos e sacarse unha foto con eles.
Esperamos nos próximos meses deixar atrás toda a tristura que nos acompañou este 2016 polo falecemento dos pais de Loreto e comezar esta nova temporada de novo con ilusión e novos proxectos.
O espectáculo do Carnaval dos animais vai adiante pero moito máis amodo do que nos queriamos así que Musicreques decidiu que, para non vos ter esperando demasiado por un novo espectáculo, imos facer outro conto que esperamos ter listo para xaneiro ou febreiro.
A historia vai dunha fraga, unha duquesa que quere convertela nun campo de golf e un teimudo leñador que non lle vai poñer as cousas moi doadas á duquesiña... ou tal vez si... porque o pobriño vai perder a cabeza por ela. A música que vai acompañar esta vez o conto vai ser a fermosa música das danzas húngaras de Johannes Brahms, interpretadas a catro mans.
O próximo sábado 4 de xuño terá lugar o I Castelo Folk na localidade de Pontedeume. Este festival está organizado por ACRM Xente de aquí e de acolá de Nogueirosa e terá un montón de actividades incluíndo una actuación de Musicreques.
Representaremos "Iván e o lobo gris" ao aire libre nos arredores do Castelo de Andrade aproximadamente as 17:00 ou 17:30. Non volo perdades!
Xa falta pouco para que chegue o Samaín e, para aqueles que non o coñezades moito, recomendámosvos esta páxina con variados recursos para traballar cos nenos esta festa de orixe celta. Pola nosa banda estamos a levar a diversas localidades da provincia de A Coruña unha fantástica historia de aventuras moi axeitada para esta época.
"Iván e o lobo gris" é un conto baseado en distintas historias de orixe eslava no que o entrañable Iván ten que ir nunha difícil procura por un bosque cheo de misterios, onde hai lobos, animais encantados, árbores máis vivas do habitual e o peor de todo, una malvada bruxa que vai facer todo o posible para acabar con Iván e tódolos seus amigos.
O medo do noso amigo está moi presente durante tódalas escenas da súa aventura, pero espero non desvelar demasiado se vos conto que, gracias ao amor e á amizade, Iván logrará saír airoso cumprindo a misión que lle encargou o Rei Otón e, por máis, tamén conseguirá un novo amigo e un gran amor.
Toda esta fantástica historia nárramola cos nosos monicreques mentras a música das Danzas Eslavas de A. Dvorak, interpretadas en piano a catro mans en directo, soa de fío condutor.
Próxima representación o martes 20 de outubro ás 17:00 na Biblioteca de Mugardos (Avda de Galicia nº 68) .
Aquí tedes outra mostra máis do que poderedes ver en "Iván e o lobo gris". Presentámosvos a o Rei Otón, o Lobo Gris e a Baba Yaga!
Por culpa dun deles o noso amigo Iván vaise ver metido nunha aventura na que poderá perder a súa cabeza e algo máis. Outro dos tres personaxes convertirase nun gran amigo e compañeiro de aventuras, e o terceiro... ai… o terceiro… para saber o que fai este último teredes que esperar á estrea.
Ola a todos! Xa fai un mes que escribimos por última vez e non queremos que pensedes que estamos a perder o tempo.
A verdade é que estamos a adicar estas datas a preparar o material do noso novo proxecto "Iván e o lobo gris" no que interpretaremos as Danzas Eslavas de Dvorak. Se non as coñecedes, recomendámosvos que o fagades de seguido porque non teñen desperdicio. Como son danzas, son moi rítmicas e as hai de moi distinto carácter mais todas transmiten moita enerxía e son moi alegres. Con toda seguridade aos nenos lles van encantar!
O traballo sobre o decorado marcha a bo ritmo e xa temos feito o bosque, a casa de Baba Yaga, a maceira... Os que xa víchedes "As aventuras de Quebranoces" poderedes observar que nesta ocasión o decorado vai ser algo máis complexo. Pensamos que vai quedar moi bonito. Como exemplo vos deixamos unha foto dun anaco do bosque no que Iván vivirá moitas aventuras.
Como vos adiantamos noutras entradas anteriores do blog, no conto haberá un lobo e unha bruxa, entre outros personaxes. O que non vos imos dicir agora é cal dos dous será o malo da historia. Rematará Iván nas fauces do lobo? ou será tal vez a bruxa Baba Yaga a que tente comer ao noso protagonista?. Se queredes saber o que vai pasar teredes que ver o concerto. O guión quedou moi simpático e esperamos que vos riades un montón mentres descurre a historia.
Xa coñecedes ás intérpretes Alma e Loreto, que son a cara visible de Musicreques, pero o traballo da Asociación ten tamén outra cara máis agachada, aínda que tamén moi importante para o proxecto artístico.
Hoxe imos presentarvos a Marisa e Bea, as artistas encargadas do deseño e realización do vestiario dos monicreques.
O seu labor ca agulla impresiona pola multitude de detalles que enche as saias, mandís, panos, e sombreiros que lucen os nosos pequenos bonecos.
Gracias ao seu traballo, os nosos monicreques teñen un "algo" especial que enche de tenrura a quen os ve cobrar vida no escenario. Non pensades o mesmo?
Ola amigos! Aquí estamos de novo para retomar a actividade do blog despois das vacacións. Pronto reanudaremos os ensaios e as actuacións de "As aventuras de Quebranoces", e vos contaremos as novidades e as datas dos próximos concertos, pero antes gustaríanos mostrar algo do traballo que estivemos a facer nestos meses de verán.
O guión do próximo concerto didáctico "Iván e o lobro gris" xa está rematado. Pensamos que vai resultar moi divertido xa que ten diálogos desternillantes e situacións un tanto absurdas. Non queremos adiantar moito para manter o misterio, pero se vos decimos que Iván (o noso querido ruso de "As aventuras de Quebranoces") se vai ver metido nunha historia de bruxas, ras encantadas e lobos, non é destripar demasiado o conto.
A bruxa Baba Yaga foi un dos monicreques que estivemos a facer no verán e vos queremos deixar unhas fotos para que vexades como foi o seu proceso de creación. Perecíanos importante que tivera pinta de mala pero que non resultase aterradora para os máis pequenos. A roupa será o que lle dará o toque final, pero podedes opinar e decir se o resultado vai por bo camiño. Que vos parece?
Elexindo pelo, ollos e narices
Dandolle cor
Quedou simpática pero non parece unha bruxa. Faltaba darlle carácter.
A moitos profes lles chamou a atención o bonitos que son os monicreques polo que nos preguntaron se os fixéramos nós e como foi a súa construcción. Vos deixo unhas fotiños para que o vexades. Espero que vos guste o vos animo a facer os vosos propios monicreques!
Como vedes, empregamos diferentes materiais para o pelo, dende limpiapipas, ata marabú ou gomaeva, de xeito que puidésemos dar a cada boneco a súa expresión e caracter.