Estamos moi contentas porque xa subímolo video da canción da vaca Lola á nosa canle de Youtube. Esperamos que teña tan boa acollida como cando cantamos e bailamos esa canción en directo nos nosos espectáculos de Contacontos.
Non deixedes de velo video e de darle ao like se vos gusta! E claro, se coñecedes máis rapazada á que lle guste cantar e bailar, compartide o video para que Lola aprenda a bruar!!
Como sabedes, o conto de " A tola de Lola" é un dos contos de Musicreques pertencente ao espectáculo de Contacontos Musicais. Témolo á venta nas librerías Áncora e Ferreiros de Pontedeume e no Bieiteiro de Abegondo. Se vos interesa e aínda non o tedes impreso en papel, podedes conseguilo nestas librerías ou tamén facernos un pedido directamente a nós xa que, se o precisades, o enviamos a domicilio.
Hoxe estamos moi contentas de poder comunicarvos que podedes tamén agora gozar do conto de Lola coa mesma música e narración oral que facemos no contacontos. O único que tedes que facer é visitar a nosa canle de Youtube ou directamente neste post.
"A tola de Lola" é un conto orixinal de Musicreques, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán. Trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, mais non sempre as súas eleccións son as mellores opcións...
Un divertido conto no que se tratan temas como o respeto aos que son diferentes, a importancia de valorar aos demais polo que fan aínda que non sempre as cousas saian como un quere, e o valor de ser quen un es maila que non sexa o que os demais esperan del.
Despois de moito traballo e, tras moitos nervios e ilusión, podémosvos comunicar que temos por fin nas nosas mans a versión editada do conto "A tola de Lola".
Escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán é un claro exemplo dos contos que forman parte do Contacontos Musical de Musicreques.
A tola de Lola. Un conto de Musicreques
"...Lola é unha vaca moi tola que sempre está a pensar en como pode axudar. Mais non sempre as suas eleccións son as melhores opcións..."
En que problemas vaise meter a tola de Lola? Se queredes saber a resposta e ter algún exemplar do conto non dubidedes en consultarnos!