Quen somos



Musicreques está formado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto, que son tamén profesoras deste instrumento nun Conservatorio Profesional de Música de Galicia. No ano 2012 formaron o grupo Musicreques, un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido. 

Musicreques realiza contos musicais para público infantil e familiar nos que a música de piano, interpretada en directo, mestúrase cos contos e o teatro de monicreques para divertir aos nenos e engaiolalos coa beleza das artes escénicas.



Nestes momentos Musicreques ten tres espectáculos de monicreques en cartel, ademáis de dous espectáculos de Contacontos.

ESPECTÁCULOS DE MONICREQUES:
As aventuras de Qiuebranoces (en cartel)
Iván e o lobo gris (en cartel)
O Quebranoces (para bebés) (en cartel)
Antón o xigantón e a Duquesa do torreón (en preparación) 
O Carnaval dos animais (en preparación)

ESPECTÁCULOS DE CONTACONTOS: 
Contacontos Musicais
Contos e Música do ceo, da terra e do mar

Os monicreques utilizados nos espectáculos son de manufactura propia e, para manipulalos, empréganse diversas técnicas, polo que pódense ver tanto monicreques de man coma sobre man o de pao, en teatrillo ou sobre mesa. 



Outro elemento que se emprega as veces nos espectáculos de monicreques é a proxección de debuxos ou imaxes mentres soa a música do piano. Estes debuxos aportan un complemento aos contos que gusta moito aos nenos.



A traxectoria profesional de Musicreques dende o 2012 achegou a música e os monicreques a moitos concellos, coma: A Baña, Abegondo, A Capela, A Coruña, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, Bertamiráns, Cambre, Carballo, Cariño, Cerceda, Cariño, Coristanco..... etc. Para máis datos poden pinchar aquí.

3 comentarios: