As últimas actuacións que realizamos as Musicreques foron nos Concellos de Foz y Aranga cos espectáculos dos Contacontos musicais e O Quebranoces para bebés, onde o público miúdo pasouno xenial e participou moi activamente.
Deixámosvos unhas fotos que compartiu o Concello de Aranga nas súas redes sociais.
Rematamos o mes de Agosto con actuacións nos Concellos de Tordoia e A Baña para a cativada dos campamentos de verán. Os Contacontos Musicais fixeron as delicias dos rapaciños que cantaron connosco todas as cancións mentres gozaban do aire libre. A actuación en A baña foi nun lugar tan bonito que quedará nas nosas lembranzas!
Esperamos volver pronto con otro dos nosos espectáculos.
A rapazada de Carnota volveu gozar da música e contos de Musicreques. Nesta ocasión o espectáculo representado foi o de Contos e música do ceo, da terra e do mar. A estrela e o cabaliño, o polbo Froilán, a tartaruga cociñeira, Pío e Pía e a mosca Ramona fixeron as delicias do público miúdo que non parou de cantar e bailar durante todo o contacontos.
En decembro Musicreques voltará ao Concello de Carnota co espectáculo para bebés de O Quebranoces.
O sábado 12 de xuño, con motivo do Día do Medioambiente e o Día dos Océanos, actuamos na Praza dos voluntarios de Laxe co noso contacontos Contos do ceo, da terra e do mar. Seguindo as recomendacións sanitarias o público mantivo a distancia de seguridade e empregou as mascarillas en todo momento. A pesar do vento (que nos complicou bastante a cousa) e da distancia, todos os rapaciños participaron moi activamente no espectáculo cantando, bailando nas cadeiras e reciclando acertadamente o lixo.
Esperamos volver pronto a este Concello tan bonito con outro dos nosos espectáculos. Ata a próxima!
Estamos por aquí para anunciarvos que Musicreques vai retomar a súa actividade despois do parón que fixemos por mor da COVID. Agora estamos a concretar as novas actuacións e pronto poderemos comunicarvos as datas e lugares que, en todo caso, non serán antes do verán. En verdade estamos moi contentas porque volveremos a Concellos nos que xa estivemos aínda que tamén visitaremos novos lugares e, coma sempre, fainos moita ilusión.
Con un pouco de sorte poderemos próximamente tamén presentarvos o novo proxeto no que estivemos a traballar. Que vos parece un novo contacontos para O Camiño?
Tal e como vos dixemos hai uns días, o conto de "Ramona, a mosca lambona" está piques de chegar ás librerías colaboradoras. Se estades a buscar un conto divertido para agasallar este Nadal, botadelle un ollo a Ramona que seguro vos vai gustar!.
Aínda que faltaban uns poucos días para celebrar Santa Icía, Musicreques viaxou ata Carnota, invitadas polo Concello e a Escola de Música, para festexar cos rapaces da vila o día da patrona dos músicos.
O público asistente participou moi activamente e foi un pracer para Alma e Loreto ver o ben que se manexou toda a cativada cantando e seguindo o ritmo das cancións do Contacontos Musicais.
Deixámosvos aquí un par de videos para que o vexades.
Moitas grazas ao Concello de Carnota e a Alianza, profe da Escola de Música, por invitar a Musicreques a compartir os seus contos e a súa música convosco!! E moitas grazas tamén aos pais e mais que seguen a apostar pola cultura levando ás súas crianzas aos teatros e auditorios.
Estamos moi contentas porque xa subímolo video da canción da vaca Lola á nosa canle de Youtube. Esperamos que teña tan boa acollida como cando cantamos e bailamos esa canción en directo nos nosos espectáculos de Contacontos.
Non deixedes de velo video e de darle ao like se vos gusta! E claro, se coñecedes máis rapazada á que lle guste cantar e bailar, compartide o video para que Lola aprenda a bruar!!
O pasado día 10 de outubro Musicreques levou o seu espectáculo de Contacontos Musicais ata o Concello de Bergondo. A representación tuvo lugar no auditorio da Senra pola tarde seguindo tódalas medidas de seguridade axeitadas a estes tempos de pandemia.
O público infantil e familiar mostrouse moi participativo e gozou dando palmas, cantando, resolvendo adiviñas e, como non, gozando especialmente da música e dos contos.
Deixámosvos algunhas fotos do acontecido ese día e esperamos que vos gusten!
Onte, Musicreques viaxou ata o Concello de Sada para representar o Contacontos Musical dentro do programa Ler Conta Moito. A actuación levouse a cabo con tódalas medidas de seguridade necesarias nestes tempo de pandemia, como o uso obragatorio de mascarillas, distancia de seguridade, control do aforo, uso de xeles desinfectantes, etc.
Aínda que o público estaba máis lonxe e era menos do habitual, todo saiu perfectamente e, tanto nenos como maiores, participaron activamente das cancións, coreografías, adiviñas, palmas, etc.
Tivemos unha gran axuda por parte do técnico de luces e son, David, que nos facilitou crear o ambiente axeitado e que se escoitara todo perfectamente ben a pesar de que Loreto usara a súa mascarilla durante o Contacontos Musical.
Moitas grazas ao Concello de Sada por contar connosco. Gustounos moito actuar ahí e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos!
A próxima cita será o sábado 10 en Bergondo. Se non vos quederedes pedrer ningunha das nosas actuacións, recomendámosvos que vos fagades seguidores de Musicreques nalgunha das nosas páxinas de Facebook , Instagram ou Youtube.
O próximo sábado día 3 de outubro Musicreques actuará na Casa da Cultura Pintor Lloréns do Concello de Sada. O espectáculo elexido é o Contacontos Musical, co que as crianzas, ademáis de gozar dos contos, poderán cantar, bailar, aprender moitas cousas e tamén coñecer a música de Satie, Chopin, Saint Saens, Brahms e moitos compositores máis.
A cita é ás 18:30 e a entrada gratuita, máis hai que reservar entrada antes de ir porque o aforo é limitado. Non faltedes e veredes que ben o imos pasar!
E se non vos podedes achegar nesta ocasión, non vos preocupedes... porque o sábado 10 viaxaremos ata Bergondo para facer a versión para bebés do Contacontos Musical.
Agora que semella que todo vai cara a nova normalidade, alégranos poder comunicarvos que estamos a concretar datas para novas representacións. Algúns Concellos como Bergondo, Carnota, Ordes, Laracha, etc... están a contactar connosco para engadir os nosos espectáculos ás súas programacións culturais.
Se queredes estar ao día e non perdervos ningunha das nosas novidades, non deixedes de seguir as nosas páxinas de Facebook , Instagram ou Youtube.
"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que as crianzas poderán ademais coñecer un montón de animas da selva e cantar o pegadizo estribillo.
Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, mais o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate. Serán demasiados animais para esa lanchiña o caberán todos? Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.
Onte subimos ás nosas redes sociais un novo video para que a rapazada pase entretida o confinamento. Esta vez foi a quenda do conto de "Ramona, a mosca lambona".
Neste divertido conto, no que a mosca Ramona come sen parar durante toda a semana moitas cousas non moi saudables, os rapaciños poden cantar e bailar connosco, ademais de rir coas cousas que fai Ramona e descubrir o sorprendente (ou non tan sorprendente) final....
Non deixedes de velo, cantalo e bailalo... e, se vos gusta, compartilo cos vosos amigos!
E se non queres perder ningunha das nosas novidades...
Tal e como vos adiantabamos estes días, xa hai novos videos nas nosas contas de Facebook, Instagram, e Youtube. Unha canción, un contacontos con música e unha escena co monicreque da bruxa Baba Iaga.
O primero video que colgamos foi o de a Canción do pitiño. Subímolo polo día da poesía e fala de galos, galiñas e pitiños amarelos. Fixémos a canción estes días pensando en todos ese pitiños que teñen que quedar na casa por mor do coronavirus. O estribillo vai no video para que vos sexa máis doado cantalo, mais se queredes ver a letra completa do poema deixámola a continuación:
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
No poleiro está o galo
de vistosa crista vermella,
dous agudos espolóns
e andares fachendosos,
que vixía o galiñeiro
e o defende dos raposos.
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
xunto ao galo, a galiña,
de tamaño máis pequeno
e de plumas de cor ouro,
quen sentando quenta o niño
e un ovo, que é un tesouro,
porque dentro está o pitiño.
Pitiño! Pitiño! Fica calmo no niño,
descasa e non teñas medo
que non vas estar soíño.
E os pitiños amarelos
que andan a buscar o millo,
comen vermes é miñocas
e mentras o galo canta...
KIKIRIKÍ!!...🎶🎶🎶🎶
amolan ás galiñas chocas.
Pitiño! Pitiño! Queda calmo no niño
descansa e non teñas medo
que non vas estar soíño!
Outro video que poderes ver é o do conto musicado "A galiña Carmiña". Un dos contos incluídos no espectáculo Contacontos Musicais que levamos representando dende o ano 2017 pola Comunidade Autónoma de Galicia. Este sinxelo conto está pensado especialmente para bebés e nenos de 3 a 6 anos, mais gusta a pequenos e maiores pola historia que conta, o uso dos monicreques e o emprego de música de piano (habitualmente en directo) para dar a atmósfera axeitada a cada escena. A peza que se escoita na maior parte do conto e a Gymnopedie nº 1 de Erik Satie.
E para rematar, hoxe colgamos a adaptación a estes tempos de confinamento polo coronavirus do video da bruxa Baba Iaga (que fixéramos polo Samaín). A simpática bruxa manda unha mensaxe aos rapaciños que esperamos que lles divirta e entreteña.
Por hoxe nada máis. Moito ánimo a todos, que xa queda un día menos e xuntos o conseguiremos!!
Outro ano máis Musicreques participa no programa Ler conta moito das Bibliotecas Públicas de Galicia. Na presente edición poderedes atopar dous dos nosos contacontos con música e monicreques:
os Contacontos Musicais que ten dúas versións (unha para nenos de máis de tres anos e outra para bebés)
A continuación podedes ver unha mostra en fotos dos dous contacontos.
Contacontos Musicais
Contos e Música do ceo, da terra e do mar
Para atopar os nosos contacontos, no programa Ler conta moito, deberán escribir Musicreques no nome de actividade. Alí aparecerán os dous espectáculos.
Onte actuamos na Casa da Cultura de Pontedeume cos Contos e Música do ceo, da terra e do mar. A visita de Musicreques ao Concello de Pontedeume co gallo do Nadal xa comeza a ser unha tradición e esperamos ter a mesma sorte no Nadal do 2020!
Quedamos moi contentas da actuación de onte porque os rapaces o pasaron fenomenal participando moitísmo nas cancións e porque amosaron entender a importancia de coidar o medioambente e da reciclaxe.
O fío conductor deste Contacontos son o respeto a natureza, coa presenza de lixo nos distintos hábitats e a importancia da reciclaxe, que se traballan a través de cancións e tamén obxetos para reciclar.
As cestas amarela, azul e verde empréganse para que os rapaces entendan onde botar o lixo axeitadamente.
Trala actuación do pasado venres na Escola Municipal Infantil do Concello de Abegondo onde representamos o noso Quebranoces para bebés dentro da programación de Nadal do devandito Concello, estámosnos a preparar para a seguinte representación que será este mércores 18 de decembro no Concello de Fene. Nesta ocasión, Musicreques realizará o Contacontos Musical na Biblioteca Pública Municipal.
As estradas están xa esgotadas dende o venres, mais os interesados pódense apuntar nunha lista de agrada no teléfono 981342302 por se alguén se da de baixa.
Compartimos convosco algunhas fotos do Quebranoces en Abegondo onde os rapaciños estiveron moi atentos e participativos.
Despois da cita en Fene, poderédesnos atopar o sábado 21 en Trazo! Volo ides perder?
Últimamente, alguns dos nosos seguidores, puxéronse en contacto con nós para saber se iamos vistar as súas localidades, así que aquí vos deixamos a lista dos Concellos onde imos actuar neste último trimestre do ano. Para saber as datas ou se engadimos novas localidades á lista, teredes que esperar a que as vaiamos publicando nas redes, tanto aquí no blog como na nosa páxina de facebook.
Co gallo da próxima solicitude por parte dos Concellos das actividades incluídas no catálogo de "Ler conta moito 2019", querémosvos informar dalguns erros que poden dificultar a localización dos nosos Contacontos para que poidan ser representados na vosa biblioteca.
En primeiro lugar, non nos busquedes polo nombre artístico xa que na inscripción o responsable de facela equivocouse e non aparecemos. 😥
Para localizar os nosos Contacontos recomendámosvos que poñades Musicreques no apartado de Actividade. Deste xeito obteredes dous resultados:
1- Contacontos Musicais
2- Contos e música do ceo, da terra e do mar.
Por outra banda, e xa dentro de cada actividade, recomendámosvos tamén que visitedes o noso blog para ter toda a información de cada Contacontos, xa que o enlace que aparece na páxina de Ler conta moito tampouco vos vai servir de moito. 😥
Pinchade nestos enlaces que aprecen a continuación e teredes toda a información que necesitedes.
1- Contacontos Musicais (Este contacontos ten dúas versións e pode estar dirixido tanto a nenos de 0 a 3 anos como a nenos de 3 a 12. Xa foi representado con moi boa acollida e en numerosas ocasións tanto no 2018 como no que levamos do 2019)
2- Contos e Música do ceo, da terra e do mar (co mesmo formato dos Contacontos Musicais, contos en prosa e en verso, música de piano en directo, cancións, adiviñas, etc, con contos e monicreques diferentes. De estrea no 2019)
Se ti es programador xa sabes!... e se non es programador e aínda así quéresnos ver na túa biblioteca habitual, fálalle de nós ao responsable dela ou envíalle este enlace.