martes, 26 de febreiro de 2019

Musicreques está na Rede Cultural de A Coruña

Co gallo da apertura mañá do prazo de contratación para a Rede Cultural da Deputación de A Coruña, compartimos convosco o video dun dos nosos espectáculos en cartel, O Quebranoces.


Ademáis deste espectáculo (para bebés), tamén temos disponible na Rede Cultural outros dous contos musicais con monicreques, para nenos de tres a 12 anos.

Iván e o lobo gris (unha historia de aventuras polo bosque con música de A. Dvorak)

As aventuras de Quebranoces (o conto clásico de Hoffmann coa fermosa música de P. I. Chaikovsky)


Se queredes estar ao día da nosa actividade Síguenos en Facebook!

sábado, 23 de febreiro de 2019

O conto de "A tola de Lola" en Youtube

Como sabedes, o conto de " A tola de Lola" é un dos contos de Musicreques pertencente ao espectáculo de Contacontos Musicais. Témolo á venta nas librerías Áncora e Ferreiros de Pontedeume e no Bieiteiro de Abegondo. Se vos interesa e aínda non o tedes impreso en papel, podedes conseguilo nestas librerías ou tamén facernos un pedido directamente a nós xa que, se o precisades, o enviamos a domicilio.

Hoxe estamos moi contentas de poder comunicarvos que podedes tamén agora gozar do conto de Lola coa mesma música e narración oral que facemos no contacontos. O único que tedes que facer é visitar a nosa canle de Youtube ou directamente neste post. 

"A tola de Lola" é un conto orixinal de Musicreques, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán. Trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, mais non sempre as súas eleccións son as mellores opcións...

Un divertido conto no que se tratan temas como o respeto aos que son diferentes, a importancia de valorar aos demais polo que fan aínda que non sempre as cousas saian como un quere, e o valor de ser quen un es maila que non sexa o que os demais esperan del. 



venres, 22 de febreiro de 2019

Video dos Contacontos Musicais en Youtube

Acabamos de subir á nosa canle de Youtube un pequeno video do espectáculo dos Contacontos Musicais.


É unha breve mostra do que fixemos en distintas localizacións (como Negreira, Ourense, Carballo ou Pontedeume), dos materiais que empregamos (monicreques, ilustracións, instrumentos de pequena percusión, etc),  e tamén da posta en escena. 

A música que soa de fondo é o acompañamento ao piano duna das cancións incluídas no espectáculo: a canción da Tola de Lola, composta por Alma Cendán.



sábado, 2 de febreiro de 2019

Os Contacontos Musicais nos colexios de Ferrolterra

Este mes de febreiro os Contacontos Musicais de Musicreques tamén teñen cita nos coles de Ferrol e Narón. 

O venres 15 visitaremos o Ceip A Laxe onde actuaremos para aproximadamente 60 escolares de infantil e primaria. Esta actuación enmárcase dentro do programa de dinamización da música e a lectura que facemos conxuntamente co CMUS Xan Viaño de Ferrol.


O mércores 20 achegarémonos ata Narón, ao Ceip A Solaina onde volveremos a contar os nosos contos aos raparigos e raparigas da comarca de Ferrolterra.