luns, 31 de xullo de 2017

Musicreques visitou Friol

Hoxe actuamos no Centro Sociocultural de Friol para os rapaciños máis pequenos do Concello. Viñeron acompañados dos seus pais e algún dos seus irmaciños para ver o espectáculo de O Quebranoces.


O público, que estivo moi participativo, axudounos moito dando palmas para que o avión puidese voar, cantando a canción do corpo que nos ensinou o simpático ruso, e facendo o estribillo da canción das cores... Que ben o pasamos!

E despois desta actuación en Friol, comenzamos a vacacións!. Voltaremos en Setembro ao traballo con novos proxectos. Ata pronto!

xoves, 25 de maio de 2017

Musicreques actúa para #unacuraparaadri

O próximo domingo 11 de xuño, ás 18:00, Musicreques actuará no CMUS Xan Viaño de Ferrol nun concerto benéfico a favor de #unacuraparaadri. Representaremos "Iván e o lobo gris" ca fantástica música das Danzas Eslavas de A. Dvorak.





Contamos con vós. Non faltedes!

sábado, 3 de decembro de 2016

Nova páxina: Histórico

Catro anos de andanza van xa dende o 2012!!

Nus días Musicreques vai estar de aniversario e queremos celebralo con vós cunha páxina nova no blog. Na pestaña de Histórico (arriba e á dereita) podedes ver todos os lugares onde actuamos, os programas, festivais ou ciclos nos que participamos e os centros educativos para os que fixemos sesións didácticas. Esperamos que vos sexa de interese!



Por certo, xa temos 250 seguidores na nosa páxina de facebook! Se non a coñecedes podedes visistala para ter toda a información das nosas actuacións.

Musicreques actuou no Apego de Ourense

Onte actuamos no Auditorio de Ourense dentro do programa Apego. Representamos "O Quebranoces para bebés" para unhas cen persoas entre pais, nais e rapaciños pequerrechos.

Os nenos estiveron moi participativos e acompañáronnos en todas as nosas propostas de música e movemento. Despois achegáronse a tocar as campás que tanto lles chamaron a atención e viñeron a saudar a Quebranoces. 

Foi un pracer poder visistar Ourense cun dos nosos espectáculos. Ata a próxima.


martes, 29 de novembro de 2016

Páxina de Facebook

Temos novidades en Facebook. A nosa páxina cambiou de nome para poder localizala mellor e facer máis clara a nosa actividade profesional. Agora só tedes que poñer Musicreques no buscador de facebook e xa vos aparece.


Nesta páxina publicamos todas as datas e os lugares das actuacións de Musicreques e podedes ver fotos e videos dos nosos espectáculos. Se non coñecedes a páxina de facebook de Musicreques recomendámosvos que a visitedes e que vos fagades seguidores da páxina para que nos vos perdades ningunha novidade. Podedes ir pinchando directamente neste enlace.

https://www.facebook.com/Musicreques/

Polo cambio de nome é posible que, nuns primeiros días, non apareza en Google a páxina nova e non a atopedes se a buscades polo nome anterior. Disculpámosnos polas molestias que vos poida causar esta situación e esperamos que dentro de pouco a podades atopar con máis facilidade.

venres, 28 de outubro de 2016

O sábado 5 de novembro estaremos en A Coruña


O próximo sábado 5 de novembro Musicreques actúa ás 12:00 na sede de Afundación de A Coruña, dentro do Festival Sea Sons organizado pola Asociación Cultural Tres por Cuatro e MusicArte.

O espectáculo que poderedes ver será Iván e o lobo gris. Lembrade que a derradeira vez que o representamos na Coruña, no Museo de Arte Contemporáneo (MAC), quedou moita xente sen poder gozar do espectáculo porque houbo moita afluencia de público. Desta vez haberá que mercar entrada, pero esperamos ter moito público tamén, así que vos recomendamos non o deixedes para o último momento.

Comunicounos a organización do Festival que a entrada (5 euros) é válida para un adulto e dos e dos nenos. Poñémosvos aquí o enlace para comprar as entradas: Ataquilla

Invitámosvos tamén a asistir ás outras actuacións ofertadas no festival. Seguro que van estar fantásticas.

 

martes, 13 de setembro de 2016

Actuacións nos colexios no 2016-17

Algúns colexios estanse xa a poñer en contacto ca Asociación Musical Musicreques para concretar datas de actuacións nos seus centros educativos, pero lamentablemente témosvos que informar que este ano a Asociación non vai poder actuar polas mañás de luns a venres por circunstancias persoais.

Esperamos retomar a nosa actividade nos coles durante curso académico 2017/18. Ata entón esperamos podervos ofrecer os nosos espectáculos noutras datas e espazos.