Espectáculos de monicreques

Os espectáculos que fai Musicreques parten da inquedanza de achegar a música clásica aos nenos dun xeito ameno e divertido, para o cal empréganse tanto o teatro de monicreques como a interpretación de música en directo.

As distintas escenas dos contos (con guión propio), interpretadas tanto no teatrillo de títeres como sobre mesa, intercálanse con música ao piano dos grandes compositores como Tchaikovsky, Dvorak, etc.


Estes espectáculos son axeitados para espazos de interior, mediano tamaño e con salas con escuridade.


O QUEBRANOCES PARA BEBÉS


Descrición: 
A coñecida música de Tchaikovsky e os nosos fermosos monicreques achegarán aos rapaciños a maxia e a beleza do conto clásico de Hoffmann, levándoos a lonxanos lugares onde coñecerán a un simpático ruso, un chinés algo presumido e unha serpe que quere ser unha rá. Con todos esos personaxes, os nenos e nenas poderán aprender a recoñecer e contar as partes do corpo, distinguir as cores, ou saber que é arriba e abaixo... ademais de pasalo fenomenal!

IVÁN E O LOBO GRIS


Descrición: 
Iván, o noso protagonista, terá que cumprir unha perigosa misión na que deberá ter éxito se quere conservar a súa cabeza. Deberá atopar ao misterioso ladrón que rouba as ricas mazás do Rei Otón.
Nas aventuras e desventuras de Iván polo bosque encantado coñeceremos moitos personaxes, como árbores que falan, lobos, bruxas e rás biconas, e descubriremos quen de todos eles son amigos e de quen sería mellor fuxir! Como rematará todo?
Máis información


AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES


Descrición: 
O Nadal chegou a casa de Clara e o seu irmán con moitos agasallos, entre eles un fermoso boneco Quebranoces. Máxicamente esa misma noite o boneco transfórmase nun soldadiño valente que defende a Clara do malvado rei Rato e os seu compinches. Impresionada pola valentía de Quebranoces, a Fada de azucre decide premiar aos nosos protagonistas levándoos de viaxe polo mundo. Así, Clara e Quebranoces viaxarán a Rusia, Exipto e China, onde coñecerán a outros personaxes e vivirán moitas aventuras.

Máis información


Próximamente...

O Carnaval dos Animais


Descrición:
Os animais disfrazáronse de música e andan soltos para facer as delicias de pequenos e maiores. Coa coñecida música de Saint-Saëns, os leóns, galiñas, peixes, paxaros, burros, elefantes, canguros e outros animais do Carnaval cobrarán vida no teatro de monicreques para sorprender e divertir coas súas andanzas.


Antón o xigantón e a Duquesa do torreón

Descrición:
Antón descubre sorprendido que a fraga que tanto ama e na  que vive vai ser destruída para deixar paso a un campo de golf. A responsable de tamaña desfeita é a Duquesa do torreón á quen pertence a fraga. Indignado, Antón proponse solucionar o asunto e pararlle os pés á Duquesiña. Conseguirá Antón convencer á Duquesa para que cambie de idea e deixe a fraga tal e como está? Ou polo contrario será a Duquesa a que logre facer das súas?.




Ningún comentario:

Publicar un comentario