Amosando publicacións coa etiqueta A Baña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Baña. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de setembro de 2021

Musicreques remata as actuacións do verán

Rematamos o mes de Agosto con actuacións nos Concellos de Tordoia e A Baña para a cativada dos campamentos de verán. Os Contacontos Musicais fixeron as delicias dos rapaciños que cantaron connosco todas as cancións mentres gozaban do aire libre. A actuación en A baña foi nun lugar tan bonito que quedará nas nosas lembranzas!

Esperamos volver pronto con otro dos nosos espectáculos.


Síguenos en Facebook!

Síguenos en Instagram!

Síguenos en Youtube!

sábado, 15 de decembro de 2018

Unha nova representación de Musicreques este domingo

Despois da actuación o pasado domingo en O Carballiño, e a de onte no Ceip Almirante Juan de Lángara (Ferrol), estámonos a preparar para a representación de mañá dentro do programa de actividades no Nadal do Concello de A Baña. 

As aventuras de Quebranoces foi o noso primeiro espectáculo de monicreques e ten sempre moi boa acollida. O fermoso conto de Hoffmann interpretado coa música en directo da Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky é sempre un espectáculo máxico no que disfrutamos un montón. 

E quen mellor que a Fada de Azucre para traer a maxia ao monicreque de Quebranoces? Con ela o pequeno boneco quebra-noces transfórmase nun valente soldadiño que loitará co Rei Rato e viaxará por todo o mundo vivindo grandes aventuras.

A Fada de Azucre é un dos monicreques que aparecen no conto musical de Musicreques "As aventuras de Quebranoces"
A cita é ás 16:00 na Casa da Cultura. Vinde a gozar connosco!

sábado, 4 de xullo de 2015

Musicreques vaise tomar unhas vacacións

Tralas actuacións o xoves 18 de xuño na EEI de Lañas (A Baña) e do domingo 28 en Casa Pedrós na Coruña, nas que Musicreques representou o espectáculo de "Iván e o lobo gris", despedimos momentaneamente a nosa actividade xa que imos facer un descanso de verán.



Durante estes meses aproveitaremos para seguir a preparar o espectáculo de "O Carnaval dos animais" con música de Camile Saint-Saëns que xa está a tomar forma e do que esperamos podamos facer axiña a estrea.

Voltaremos á acción o día 5 de outubro na Biblioteca de Oseiro (Arteixo) ás 18:50 con "Iván e o Lobo gris". Esperámosvos.