Amosando publicacións coa etiqueta Ceip San Marcos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ceip San Marcos. Amosar todas as publicacións

venres, 25 de abril de 2014

Musicreques actuou de novo no Ceip. San Marcos de Abegondo

Fixádevos que casualidades ten a vida...

Fai pouco máis dun ano, o 16 de abril do 2013, estreábamos "As aventuras de Quebranoces" no Ceip. San Marcos de Abegondo e comezaba a nosa andaina de difundir a música clásica tocando o piano e facendo teatro de monicreques. E aquí nos tedes, un ano máis tarde, repetindo a visita ao Ceip. San Marcos co mesmo concerto didáctico, para que os nenos de Infantil e 1º de Primaria, que non puideron velo naquela ocasión, o disfrutaran nesta.


Tras nós, durante estes meses, quedan moitas visitas a outros coles como os de: Ceip. A Magdalena (As Pontes de García Rodríguez), Ceip. A Maía (Bertamiráns), Ceip. Conde de Fenosa (Ares), Ceip. Couceiro Freijomil (Pontedeume), Ceip de Andrade (Pontedeume), Cpi. de Atios (Valdoviño), Ceip. Gándara-Sofán (Carballo), Ceip. Inmaculada (Santiago de Compostela), Ceip. O Ramo (Barallobre, Fene), e tamén moitos momentos de ledicia, emoción e tenrura cos rapaces. Non obstante, Abegondo e o Ceip. San Marcos sempre terán un oco especial nos nosos corazóns. 

Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Abegondo por contar con nós no programa  "Ler conta moito" e, especialmente, agradecer a Mar o seu traballo e a súa amabilidade para con nós. Esperamos voltar pronto e poder mostravos o novo espectáculo "Iván e o lobo gris"!





mércores, 16 de abril de 2014

O día 24 estaremos no Salón de Abegondo

O xoves 24 deste mes temos unha cita no Centro Cultural O Salón, en Mabegondo, cos nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria do Ceip. San Marcos de Abegondo. 

Aquí vos deixamos un anaco da Axenda cultural do Concello de Abegondo na que figura a próxima actuación de Musicreques. 




Enlace á páxina da Axenda Cultural de Abegondo: 

sábado, 20 de abril de 2013

Concerto no Ceip. San Marcos 2

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos no cole de Abegondo. Non hai fotos dos monicreques porque as que sairon sen flash sairon movidas e as con flash perden todo o ambente de luces de cores que hai nas escenas. Esperamos que vos gusten estas pouquiñas que eleximos para o blog.



Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.




Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura... menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!




Despois,  foron tan amables de nos dar un agasallo...



Moitas gracias Ceip. San Marcos!!!!


venres, 19 de abril de 2013

Concerto no Ceip. San Marcos 1

O martes 16 estreamos o espectáculo de "As aventuras de Quebranoces" no Ceip San Marcos de Abegondo para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria. Os nenos pasárono xenial, ríronse un montón e houbo moitísima participación, pero nós aínda o pasamos mellor. Mereceu a pena o traballo e o esforzo!. Moitas gracias a todos o que fixeches posible esta loucura.