martes, 24 de decembro de 2013
mércores, 18 de decembro de 2013
Quebranoces divertiu aos nenos do CPI de Atios
Onte á mañá Musicreques viaxou ata Valdoviño para actuar no CPI de Atios. Os nenos de 6º de E. Infantil, e os de 1º, 2º e 3º de E. Primaria acompañaron a Quebranoces e Clara nas súas divertidas aventuras por todo o mundo. Non faltaron as caras de sorpresa, gargalladas e aplausos duns nenos moi atentos e participativos durante todo o espectáculo, que resultaron ser ademais uns expertos bailaríns no momento final de bailar o Vals das Flores. Acostumados ao "baile dos namorados" que lles tiña ensinado a súa profe de música, Tereixa, sorprendéronnos a todos facéndoo realmente ben!
Grazas a Iván por facer posible o contacto entre Musicreques e o cole, á profe de música Tereixa pola súa axuda e implicación na actividade, a Daniel por vir a vernos a pesar de telo complicado, e a todo o persoal do centro pola atención e amabilidade co que nos acolleron. Ata pronto.
sábado, 14 de decembro de 2013
Imaxes da actuación no Centro Sociocultural de Bertamiráns
Onte actuamos no Centro sociocultural, de Xuventude e Terceira idade de Bertamirans para os nenos e nenas do Ceip. A Maía. Viñeron os alumnos de Educación Infantil e 1º de Primaria, para os que fixemos dúas sesións.
Houbo unha confusión cos horarios e os rapaces chegaron antes do previsto. Menudo estrés!! Afortunadamente despois marchou todo perfectamente e os nenos gozaron moito da actuación. Dixérennos os profesores que lles gustara moito o Concerto didáctico e que quedaran abraiados da atención que prestaran os pequenos de Infantil durante todo o espectáculo.
Queremos facer mención tamén a gran axuda que tivemos onte de parte de Quique, que fixo de técnico de luces e son, de fotógrafo, e manexou inmellorablemente a proxección de diapositivas. Moitas grazas, Quique!!
Aquí vos deixamos unha mostra do día de onte.
mércores, 11 de decembro de 2013
Musicreques está de aniversario
Hoxe Musicreques fixo o seu primeiro aniversario!!
Durante este tempo, a tola aventura de formar unha Asociación sen ánimo de lucro que levase a música directamente aos rapaces nos centros educativos, levounos moito máis alá do que nun principio tiñamos pensado. A verdade é que todo empezou porque nos gustou moitísimo a experiencia de tocar nos concertos didácticos que fixemos no CMUS "Xan Viaño" de Ferrol con "O Carnaval dos animais" de Camile Saint-Saëns, e tiñamos ganas de seguir a tocar para os nenos e facelos gozar ca beleza da música. E así tomou forma este marabilloso proxecto que afortunadamente nos está a facer moi felices e que, ademais, nos permite aprender moitas cousas novas.
Durante este tempo, a tola aventura de formar unha Asociación sen ánimo de lucro que levase a música directamente aos rapaces nos centros educativos, levounos moito máis alá do que nun principio tiñamos pensado. A verdade é que todo empezou porque nos gustou moitísimo a experiencia de tocar nos concertos didácticos que fixemos no CMUS "Xan Viaño" de Ferrol con "O Carnaval dos animais" de Camile Saint-Saëns, e tiñamos ganas de seguir a tocar para os nenos e facelos gozar ca beleza da música. E así tomou forma este marabilloso proxecto que afortunadamente nos está a facer moi felices e que, ademais, nos permite aprender moitas cousas novas.
Ao longo destos meses case un millar de nenos puideron disfrutar de "As aventuras de Quebranoces" e pronto moitos máis escoitarán a música de Tchaikovsky e os diálogos dos nosos queridos monicreques, divertíndose ca inocencia de Quebranoces, a sensatez de Clara, a alegría e enerxía do ruso, o carácter da rusa, o gran apetito da serpe, as presas do chinés e a sabedoría do dragón.
O seguinte concerto didáctico que estamos a preparar xa está en marcha e vai tomando forma. Temos elixida a música, o guión rematado, feitos algúns monicreques e parte do decorado, e estamos a traballar nas diapositivas. Esperamos que próximamente queirades disfrutar con nós a historia de "Iván e o lobo gris"
xoves, 5 de decembro de 2013
Quebranoces foi ao Ceip Gándara-Sofán
Este martes tivemos outra actuación do noso concerto didáctico "As aventuras de Quebranoces". Nesta ocasión foi para os nenos e nenas do Ceip. de Gándara-Sofán en Carballo.
Como anécdotas deste día podémosvos contar que nos perdemos e chegamos algo máis tarde do que tiñamos previsto, aunque conseguimos empezar puntuais, e que o pobre Quebranoces perdeu un dente durante a batalla co malvado Rei Rato, así que non terá máis remedio que ir ao dentista para que llo poña de novo!
Foi un pracer actuar para os rapaces do Ceip de Gándara-Sofán.
Foi un pracer actuar para os rapaces do Ceip de Gándara-Sofán.
sábado, 30 de novembro de 2013
O Ceip. O Ramo disfrutou con Musicreques
Onte fumos ao Ceip O Ramo de Barallobre, Fene, e actuamos para 90 nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria.
Non puidemos pedir un lugar máis máxico para facer a función. Entre a escuridade da sala, o equipo de son e os novos micrófonos, a música e os monicreques fixeron rir e disfrutar aos rapaces un montón. Estiveron moi participativos e tivemos moitísimos voluntarios para bailar o vals!
Quixeramos agradecer a axuda que tivemos coas diapositivas e o son por parte do conserxe, de quen desgraciadamente non lembramos o nome. Gracias ao seu bo traballo todo foi como nós tiñamos previsto.
Se queredes ver a reseña que puxeron no blog da biblioteca podédelo facer dende o seguinte enlace:
Actuación no Ceip. Inmaculada-La Salle
O xoves actuamos no Ceip. Inmaculada de Santiago de Compostela. Tivemos que atrasar a actuación prevista para o día 22 de novembro para o xoves 28 porque Loreto tivo problemas de saúde pero, afortunadamente, puido recuperarse para a nova data elixida e tiña a voz suficientemente ben para facer as dúas funcións.
Nesta ocasión vino connosco Mónica, unha axudante excepcional, disposta ao que fixera falta para que todo saíra ben. Traballou moito axudándonos cos aparellos e incluso estaba preparada para interpretar a Clara e ao simpático ruso. Moitas gracias Mónica por ser o noso comodín!
Foron todos super amables connosco e estamos moi agradecidas polo traballo que fixo Noelia cos rapaces nas clases de música. Foi todo un pracer tocar mentres os nenos cantaban as canción que lles propuxemos na guía didáctica. As sabían todas!! O único problema foi que unha nena quedou un pouco consternada por non poder cantar a canción rusa... a verdade é que nós a tocamos moi aprisa e así non hai xeito.
O xoves foi tamén o día no que estreamos os micrófonos, a nosa máis recente adquisición, e podemos dicir que estamos moi contentas coa inversión. Soan fantásticos e así se nos escoita perfectamente aínda que os nenos se alboroten nalgunhas esceas, como na que aparece a rusa na procura do seu home.
En fin, que foi outro marabilloso día no que puidemos levar a música ata os corazóns dos nenos. Unha aperta a Noelia e a todos os demais profesores do Ceip. Inmaculada. Esperamos voltar ao voso cole co novo espectáculo!
mércores, 27 de novembro de 2013
Axenda de Musicreques para decembro
Deixámosvos a nosa axenda para o mes de decembro.
Nesta ocasión actuaremos no Ceip A Maía de Ames e no Ceip de Atios en Valdoviño, ademáis de ir por fin ao Ceip de Gándara-Sofán de Carballo, onde tivemos que retrasar a actuación prevista para novembro por motivos de saúde.
Esperamos que lles guste moito "As aventuras de Quebranoces"
mércores, 13 de novembro de 2013
O Ceip Conde de Fenosa fala de Musicreques
Os blogs da biblioteca e do 1º Ciclo de Primaria do Ceip Conde de Fenosa escribiron sobre a actuación de Musicreques. Alégranos poder dicir que lles gustou moito o noso concerto didáctico!
Deixámosvos aquí os enlaces aos blogs para que os visitedes e vexades as fotos e o video da actuación.
http://carabeladeares.blogspot.com.es/2013/11/as-aventuras-de-quebranoces.html
http://parairempezando.blogspot.com.es/2013/11/as-aventuras-de-quebranoces.html
sábado, 9 de novembro de 2013
Actuación no Ceip. Conde de Fenosa
Onte actuamos no Ceip Conde de Fenosa de Ares. Fixemos dúas sesións ás que viñeron os nenos de 4 e 5 anos de Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria. Foi una experiencia fantástica retomar a actividade de Musicreques despois da pausa do verán.
Fixemos un grande esforzo ao facer toda a montaxe para as dúas actuacións sen as mans de Juan, quen estivo connosco en anteriores ocasións, pero pagou a pena xa que o pasamos fenomenal. Ademais tivemos moitísima axuda de Conchi, á quen estamos moi agradecidas por todo o traballo que fixo axudándonos a levar o material dende coche á sala de actuacións e dende a sala de actuacións ao coche. Tamén tivemos unha sorpresa moi agradábel ao atopar no Colexio a Teresa Frieiro, amiga nosa do Conservatorio e seguidora da nosa páxina de facebook, quen puido ver un anaquiño do concerto didáctico.
Fixemos un grande esforzo ao facer toda a montaxe para as dúas actuacións sen as mans de Juan, quen estivo connosco en anteriores ocasións, pero pagou a pena xa que o pasamos fenomenal. Ademais tivemos moitísima axuda de Conchi, á quen estamos moi agradecidas por todo o traballo que fixo axudándonos a levar o material dende coche á sala de actuacións e dende a sala de actuacións ao coche. Tamén tivemos unha sorpresa moi agradábel ao atopar no Colexio a Teresa Frieiro, amiga nosa do Conservatorio e seguidora da nosa páxina de facebook, quen puido ver un anaquiño do concerto didáctico.
Desgraciadamente non puidemos sacar nin fotos nin vídeo porque algúns pais non deran a súa autorización para o uso da imaxe dos rapaces, así que para que compartades connosco o máxico momento de onte, pensamos poñer neste post algún das cousas que aconteceron e algúns comentarios que ouvimos durante as actuacións.
Na escena de Nadal un neno quedou encantado de que o irmán de Clara, entre todos os agasallos, escollera en primeiro lugar o peluche: Mira que ben, colleu o tigre!
Na batalla entre o Rei Rato e Quebranoces, o malvado rato acabou por tirar a árbore de Nadal, co que as risas dos nenos foron espectaculares.
Entre escena e escena os nenos aplaudían e dicían: outra! outra! outra! mentres un rapaz das primeiras filas tentaba tranquilizarlles dicindo: xa ven outra, están a cambiar o decorado..
Segundo nos comentou Conchi, as caras dos nenos mentres nós actuábamos eran fermosas polo asombro e ilusión que amosaban.
Unha nena, cada vez que o telón se abría, dicía: oh, que bonito!
Coma sempre, o ruso chegou aos corazóns dos rapaces coas súas ocorrencias e a serpe fíxoos tremer pensando que ía conseguir comer aos nosos protagonistas...
Despois de todo o concerto didáctico escoitando Quebranoces por aquí, Quebranoces por alá, preguntámoslle a un rapaz quen, dos monicreques, era o seu preferido. Tras pensalo moito respostou: el de rojo.
Esperamos que deste xeito vos fagades unha idea do fermoso día que tivemos onte xunto cos nenos e nenas do Ceip. Conde de Fenosa.
Por certo, cando estabamos a recoller, decatámonos de que os nosos coches eran como as teclas dun piano, un é branco e o outro negro. Xa se ve que isto da música é o noso, jajajajaja.
luns, 21 de outubro de 2013
Audios de As aventuras de Quebranoces
Ola amigos! Este fin de semana colgamos dous mp3 de "As aventuras de Quebranoces" na páxina de facebook
onde podedes escoitar tanto a parte de interpretación ao piano da Danza das Frautas e a Danza Rusa, como tamén anacos do diálogo que realizan os monicreques nas escenas correspondentes ao Conservatorio e Rusia. Esperamos que vos gusten!
Visitádenos en facebook. Xa temos 120 seguidores!
xoves, 17 de outubro de 2013
Un novembro cheo de concertos didácticos
Queremos compartir con vosco a axenda que temos programada para o próximo mes de novembro.
Emociónanos enormemente poder interpretar nese mes o noso concerto didáctico "As aventuras de Quebranoces" para, aproximadamente, uns 500 nenos de catro colexios. O primeiro será o Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares, ao que iremos o día 8. O venres da semana seguinte, día 15, será a quenda de o Ceip. de Gándara-Sofán no Concello de Carballo. O 22 tócalle ao Ceip. Inmaculada-La Salle de Santiago de Compostela e, por último, remataremos as actuacións de novembro o día 29 no Ceip. O Ramo, de Barallobre, no Concello de Fene.
mércores, 9 de outubro de 2013
Seguimos a nosa viaxe polos coles
sábado, 5 de outubro de 2013
Preparando outra actuación
Lucía, a coordinadora da biblioteca do Ceip Mesón do Vento de Ordes, solicitounos a Guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" para preparar a actuación que próximamente Musicreques fará no seu colexio. Xa nos tarda que chegue a data!
xoves, 3 de outubro de 2013
Vestiario dos monicreques
Xa coñecedes ás intérpretes Alma e Loreto, que son a cara visible de Musicreques, pero o traballo da Asociación ten tamén outra cara máis agachada, aínda que tamén moi importante para o proxecto artístico.
Hoxe imos presentarvos a Marisa e Bea, as artistas encargadas do deseño e realización do vestiario dos monicreques.
venres, 20 de setembro de 2013
Guía didáctica de Quebranoces
Hoxe pasámoslles aos profes do Ceip. Conde de Fenosa a guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" para que comecen as actividades preparatorias do Concerto didáctico que imos realizar en novembro. Esperamos que aos profes lles gusten as actividades propostas e os nenos aprendan moito con elas.
As actividades están diferenciadas segundo o nivel educativo que teñan os alumnos, de Infantil ou de Primaria, e as fixemos pensando en que puideran ser traballadas nas clases das diferentes materias que se imparten nos coles. Se queredes máis información sobre a Guía didáctica podedes consultar a páxina do blog que temos adicada a explicala, chamada "Dossier para os coles".
De todas as actividades que os profesores poden escoller para traballar cos alumnos de Infantil, destacamos: o conto da canción chinesa, porque lle temos moito agarimo. Pasámolo moi ben facendo as ilustracións e a letra da canción. Pensamos que, ca axuda do conto, os rapaces a aprenderán moi rápido e, quen sabe, con un pouco de sorte, cando fagamos o espectáculo cantarán a canción mentres a toquemos para eles.
Gústavos a portada do conto?
As actividades están diferenciadas segundo o nivel educativo que teñan os alumnos, de Infantil ou de Primaria, e as fixemos pensando en que puideran ser traballadas nas clases das diferentes materias que se imparten nos coles. Se queredes máis información sobre a Guía didáctica podedes consultar a páxina do blog que temos adicada a explicala, chamada "Dossier para os coles".
De todas as actividades que os profesores poden escoller para traballar cos alumnos de Infantil, destacamos: o conto da canción chinesa, porque lle temos moito agarimo. Pasámolo moi ben facendo as ilustracións e a letra da canción. Pensamos que, ca axuda do conto, os rapaces a aprenderán moi rápido e, quen sabe, con un pouco de sorte, cando fagamos o espectáculo cantarán a canción mentres a toquemos para eles.
Gústavos a portada do conto?
luns, 16 de setembro de 2013
Quebranoces irá ao Ceip. Conde de Fenosa
O Ceip. Conde de Fenosa da localidade de Ares contactou con nós para que vaiamos facer unha representación do noso Quebranoces na primeira semana de novembro. Aínda non é seguro se faremos unha ou dúas sesións pero, como vos podedes imaxinar, estamos xa moi ilusionadas pensando nos nenos que nos van ver actuar. Cando concretemos a data, publicarémola na páxina de facebook para que coñezades a nosa axenda.
xoves, 12 de setembro de 2013
Nova páxina no blog
Temos unha novidade que vos comunicar. Como podedes ver, o blog ten unha pequena modificación no seu aspecto xa que engadimos unha páxina con xogos e pasatempos variados. Pensamos, que cando os nenos nos visiten, lles gustará ter un espazo onde poder xogar cos contidos do espectáculo de "As aventuras de Quebranoces". Así, na nova páxina, poderán facer encrucillados, sopas de letras, e quebracabezas, ademais de xogar ao aforcado e divertirse mentras reforzan o aprendido no concerto didáctico.
Esperamos que as actividades lles gusten aos nenos... e a vós tamén!
luns, 9 de setembro de 2013
De volta ao traballo
Ola amigos! Aquí estamos de novo para retomar a actividade do blog despois das vacacións. Pronto reanudaremos os ensaios e as actuacións de "As aventuras de Quebranoces", e vos contaremos as novidades e as datas dos próximos concertos, pero antes gustaríanos mostrar algo do traballo que estivemos a facer nestos meses de verán.
O guión do próximo concerto didáctico "Iván e o lobro gris" xa está rematado. Pensamos que vai resultar moi divertido xa que ten diálogos desternillantes e situacións un tanto absurdas. Non queremos adiantar moito para manter o misterio, pero se vos decimos que Iván (o noso querido ruso de "As aventuras de Quebranoces") se vai ver metido nunha historia de bruxas, ras encantadas e lobos, non é destripar demasiado o conto.
A bruxa Baba Yaga foi un dos monicreques que estivemos a facer no verán e vos queremos deixar unhas fotos para que vexades como foi o seu proceso de creación. Perecíanos importante que tivera pinta de mala pero que non resultase aterradora para os máis pequenos. A roupa será o que lle dará o toque final, pero podedes opinar e decir se o resultado vai por bo camiño. Que vos parece?
Elexindo pelo, ollos e narices |
Dandolle cor |
Quedou simpática pero non parece unha bruxa. Faltaba darlle carácter. |
Agora si que é unha bruxa. |
E aquí está Baba Yaga!!
xoves, 13 de xuño de 2013
Novo espectáculo de Musicreques
Musicreques vaise tomar un descanso e facer un parón veraniego nas representacións de As aventuras de Quebranoces, pero non vos preocupedes porque en canto empece o curso voltaremos a levar a Quebranoces e aos seus amigos aos centros educativos. Alégranos poder decir que xa estamos a concretar datas cos coles para o próximo cuso!
Non vos pensedes que imos estar de brazos cruzados. Aproveitaremos o verán para traballar sobre o próximo espectáculo da asociación e elaborar o guión e os materiais (tanto monicreques coma decorados). Xa temos algunhas ideas, como que o protagonista vai ser o ruso (que tanto éxito ten entre os nenos) e que na súa historia ou conto, no que empregaremos diversos elementos de tradición eslava, poderemos ver como coñeceu á súa muller.
A música elexida será, con toda probabilidade, de o maravilloso Johannes Brahms.
Johannes Brahms 1833-1897 |
O próximo espectáculo de Musicreques contará de novo cos tres elementos que caracterizan as nosas representacións: a música de piano en directo, a escenificación dun conto con monicreques e o uso de diapositivas como nexo narrativo e fomento á lectura.
domingo, 2 de xuño de 2013
Reseña sobre Musicreques no Ceip de Andrade
No blog de música do Ceip. de Andrade puxeron unha reseña e unhas fotos da actuación do xoves. Compartímolas con vós.
http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html
Gracias, Isabel.
http://cantosmirados.blogspot.com.es/2013/06/representacion-do-conto-o-quebranoces.html
Gracias, Isabel.
xoves, 30 de maio de 2013
O Quebranoces no Ceip. de Andrade
Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos imos decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel, Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa.
Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.
Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas... pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!
Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.
Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!
mércores, 22 de maio de 2013
As nosas cancións
As nosas cancións xa están a ser traballadas polos nenos da aula de música do Ceip. de Andrade!
luns, 13 de maio de 2013
Fotos de As aventuras de Quebranoces
Se queredes, podedes ver aquí unhas poucas fotos do concerto didáctico.
sábado, 11 de maio de 2013
Video de As aventuras de Quebranoces
Deixámosvos enlace ao video de Youtube do noso concerto didáctico "As aventuras de Quebranoces". Tedes un anaquiño de cada escena protagonizada polos monicreques. Esperamos que vos guste!!
venres, 3 de maio de 2013
Próxima actuación
Alegrámonos moito de poder contarvos que temos xa unha nova actuación prevista para este mes de maio. O Ceip. de Andrade no Concello de Pontedeume púxose en contacto con nós e acordamos representar "As aventuras de Quebranoces" o día 30. Xa nos tarda que chegue o día..!
O Ceip. de Andrade |
Con esta será a terceira vez que Quebranoces e os seus amigos cobren vida no teatrillo e fagan rir e disfrutar aos nenos. Fainos moita ilusión poder levar de novo a fermosa música de Tchaikovsky aos rapaces e esperamos que lles guste tanto como a nós.
venres, 26 de abril de 2013
O que pensan de nós..
O blog da biblioteca do Ceip. Couceiro Freijomil publicou no seu blog unha reseña da representación de "As aventuras de Quebranoces" de Musicreques no seu centro. As súas amables palabras énchennos de satisfacción e orgullo. Alegrámonos moito de que nos teñan en tan boa consideración. Moitas gracias Couceiro Freijomil!!!
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2013/04/dia-do-libro-con.html
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2013/04/dia-do-libro-con.html
Tamén añadiron un video con fotos e o Vals das flores interpretado con orquestra:
luns, 22 de abril de 2013
O conto de Quebranoces
Para os que non sepades de que trata o conto de Hoffmann no que se basa o noso espectáculo, podo explicarvos brevemente de que vai:
A trama da historia desenvólvese en Nadal na casa de Stahlbaum, onde os nenos Fritz e María disfrutan dos seus agasallos de Nadal. A María gústalle especialmente un boneco quebranoces de expresión doce e bondadosa pero o seu irmán rómpello causándolle un gran desgusto.
Os nenos abren os seus agasallos de Nadal |
Ao rematar a festa todos van durmir, pero María entra na habitación dos xoguetes para ver como está o boneco quebranoces e ve como os xoguetes cobran vida e empezan a pelexar, dirixidos por o Quebranoces, contra un exército de ratos guiados polo seu rei. Ela ponse a favor de Quebranoces e o salva do rei rato lanzándolle, ao malvado, un zapato.
A batalla entre Quebranoces e o Rei rato |
Desgraciadamente, e tras cortarse cun cristal María ten que gardar cama durante unha semana. Nese tempo coñece, no conto da “Noz dura” a historia do príncipe Quebranoces e o seu feitizo por culpa da malvada Ratona.
Unha noite o Rey Rato vai a habitación de María e esíxelle doces a cambio de non ferir a Quebranoces pero, tras varias noites de sacrificar os seus bonecos de azucre ao Rey Rato, ela dalle unha espada a Quebranoces coa que o príncipe consegue matar o malvado roedor.
Quebranoces leva entón a María ao Reino dos Doces ata que, de súpeto, a nena cae e aparece na súa cama onde a súa nai lle di que todo foi únicamente un sono.
A fada de zucre facendo maxia no Reino do Doces |
Algo máis adiante María coñece ao sobrino de Drosselmeier, quen afirma estar libre do feitizo de ser un boneco Quebranoces gracias a ela. O xoven Drosselmeier pídelle a man para reinar xuntos no palacio de Mazapán, ao que María acepta.
Bonito, verdade?
domingo, 21 de abril de 2013
Concerto no Ceip. Couceiro Freijomil 3
Neste video que fixeron no Ceip. Couceiro Freijomil tedes unha mostra do que é o Concerto Didáctico de "As aventuras de Quebranoces". Podedes ver a parte de música e títeres, unha mostra das diapositivas e a escena de Rusia co simpático ruso e a súa muller. Espero que vos guste!
sábado, 20 de abril de 2013
Concerto no Ceip. Couceiro Freijomil 2
A clase de Ana, dos nenos de 4 anos do Ceip. Couceiro Freijomil, publicou no seu blog o video da actuación que fixemos para Infantil. Déxovos o link para que o vexades se vos interesa.
Tamén podedes ver a reseña sobre o noso concerto didáctico que fixo a clase das tartarugas (os nenos de 5 anos) no seu blog. Alégranos que o pasan tan ben!
Concerto no Ceip. Couceiro Feijomil 1
O xoves 18 fumos ao Ceip. Couceiro Freijomil de Pontedeume. Fixemos dúas sesións, unha para Primaria (1º, 2º 3, e 4º curso) e outra para os nenos de Infantil. Pasámolo xenial!! Os rapaces non pararon de rir e participar no espectáculo, incluso atrevéronse a dar palmas e cantar mentres sonaba a música. Foi moi emocionante!!.
As diapositivas gustaron moito e os nenos disfrutaron adivinando que imaxe e personaxe ía aparecer a continuación.
Foi un placer actuar para vós Ceip. Couceiro Freijomil.
Construción dos moniquecres
A moitos profes lles chamou a atención o bonitos que son os monicreques polo que nos preguntaron se os fixéramos nós e como foi a súa construcción. Vos deixo unhas fotiños para que o vexades. Espero que vos guste o vos animo a facer os vosos propios monicreques!
Como vedes, empregamos diferentes materiais para o pelo, dende limpiapipas, ata marabú ou gomaeva, de xeito que puidésemos dar a cada boneco a súa expresión e caracter.
As aventuras de Quebranoces
Antes de seguir ensinándovos as actuacións que tivemos creo que chegou o momento de contarvos de que vai o espectáculo que estamos a facer. A historia de "As aventuras de Quebranoces" basease no conto de Hoffman "Quebranoces e o Rei do ratos" e foi adaptada para ser representada con monicreques mentras se interpreta a Suite "O Quebranoces" de Tchaikovsky ao piano. Os nenos poden ver a Clara e ao seu irmán cos seus agasallos de Nadal, a batalla entre o Rei rato e Quebranoces e a máxica aparición da Fada de zucre. Despois marchamos de viaxe por Rusia, o deserto de Exipto e China, a vivir moitas aventuras con Quebranoces e Clara ata, por fin, chegar a un Conservatorio ou Escola de música onde coñecemos aos instrumentos e formamos unha orquestra.
Aquí tedes a algúns protagonistas da historia |
Concerto no Ceip. San Marcos 2
Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos no cole de Abegondo. Non hai fotos dos monicreques porque as que sairon sen flash sairon movidas e as con flash perden todo o ambente de luces de cores que hai nas escenas. Esperamos que vos gusten estas pouquiñas que eleximos para o blog.
Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.
Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura... menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!
Despois, foron tan amables de nos dar un agasallo...
Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.
Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura... menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!
Despois, foron tan amables de nos dar un agasallo...
Moitas gracias Ceip. San Marcos!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)