Amosando publicacións coa etiqueta Ourense. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ourense. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de xaneiro de 2019

Próxima parada de Musicreques no CRA de Narón

O pasado venres o pasamos fenomenal cos rapaciños de Ourense. Estivieron moi activos e participativos no noso Contacontos para bebés: cantaron, bailaron, deron palmas, moveron os axóuxeres ao ritmo da música e aprenderon un montón de cousas!

Musicreques no Contacontos Musical para bebés

A próxima parada nesta semana será no CRA de Narón para facer unha sesión para escolares do Contacontos Musical. Estamos a desexar que chegue o mércores.

martes, 8 de xaneiro de 2019

O Contacontos Musical de Musicreques en Ourense

O próximo venres 11 faremos dúas funcións dos Contacontos Musicais para bebés (para nenos e nenas de 0 a 4 anos) na Sala Apego do Auditorio Municipal de Ourense. Serán ás 18:00 e ás 19:00 e as entradas xa están á venda en Ataquilla.com (3 euros en venda anticipada e 4 euros na billeteira dúas horas antes da función. Crianzas gratis).

Se queredes gozar dos contos, a música e os monicreques, non deixedes de vir!

Cada cousa no seu lugar. Na terra: elefante, tartaruga, caracol.

mércores, 2 de xaneiro de 2019

Un xaneiro de Contacontos Musicais

Despois dun Decembro no que Musicreques levou todos os seus espectáculos aos escenarios de Ferrol, O Carballiño, A Baña, Riveira e Curtis, comeza este ano 2019 cun Xaneiro no que o protagonista será o Contacontos Musical.

As datas e horarios son as seguintes: 

Dentro da Programación de Nadal do Concello de Pontedeume, estaremos maña xoves 3, na Casa da Cultura de Pontedeume ás 18:00. 

O venres día 11, faremos unha sesión dobre do Contacontos para bebés en Ourense dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. A primeira sesión será ás 18:00 e a seguinte ás 19:00.

O mércores 16 é a data elexida para realizar unha sesión para escolares no CRA O Val de Narón ás 12:00. E o venres 25 outra sesión para escolares, desta vez dentro do programa de colaboración co CMUS Xan Viaño, no Ceip de Ponzos de Ferrol, para os nenos de Infantil e Primaria.

sábado, 3 de decembro de 2016

Musicreques actuou no Apego de Ourense

Onte actuamos no Auditorio de Ourense dentro do programa Apego. Representamos "O Quebranoces para bebés" para unhas cen persoas entre pais, nais e rapaciños pequerrechos.

Os nenos estiveron moi participativos e acompañáronnos en todas as nosas propostas de música e movemento. Despois achegáronse a tocar as campás que tanto lles chamaron a atención e viñeron a saudar a Quebranoces. 

Foi un pracer poder visistar Ourense cun dos nosos espectáculos. Ata a próxima.