Amosando publicacións coa etiqueta Abegondo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Abegondo. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de decembro de 2019

Musicreques na programación de Nadal

Trala actuación do pasado venres na Escola Municipal Infantil do Concello de Abegondo onde representamos o noso Quebranoces para bebés dentro da programación de Nadal do devandito Concello, estámosnos a preparar para a seguinte representación que será este mércores 18 de decembro no Concello de Fene. Nesta ocasión, Musicreques realizará o Contacontos Musical na Biblioteca Pública Municipal.

As estradas están xa esgotadas dende o venres, mais os interesados pódense apuntar nunha lista de agrada no teléfono 981342302 por se alguén se da de baixa.

Compartimos convosco algunhas fotos do Quebranoces en Abegondo onde os rapaciños estiveron moi atentos e participativos.




 Despois da cita en Fene, poderédesnos atopar o sábado 21 en Trazo! Volo ides perder?

venres, 25 de abril de 2014

Musicreques actuou de novo no Ceip. San Marcos de Abegondo

Fixádevos que casualidades ten a vida...

Fai pouco máis dun ano, o 16 de abril do 2013, estreábamos "As aventuras de Quebranoces" no Ceip. San Marcos de Abegondo e comezaba a nosa andaina de difundir a música clásica tocando o piano e facendo teatro de monicreques. E aquí nos tedes, un ano máis tarde, repetindo a visita ao Ceip. San Marcos co mesmo concerto didáctico, para que os nenos de Infantil e 1º de Primaria, que non puideron velo naquela ocasión, o disfrutaran nesta.


Tras nós, durante estes meses, quedan moitas visitas a outros coles como os de: Ceip. A Magdalena (As Pontes de García Rodríguez), Ceip. A Maía (Bertamiráns), Ceip. Conde de Fenosa (Ares), Ceip. Couceiro Freijomil (Pontedeume), Ceip de Andrade (Pontedeume), Cpi. de Atios (Valdoviño), Ceip. Gándara-Sofán (Carballo), Ceip. Inmaculada (Santiago de Compostela), Ceip. O Ramo (Barallobre, Fene), e tamén moitos momentos de ledicia, emoción e tenrura cos rapaces. Non obstante, Abegondo e o Ceip. San Marcos sempre terán un oco especial nos nosos corazóns. 

Queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Abegondo por contar con nós no programa  "Ler conta moito" e, especialmente, agradecer a Mar o seu traballo e a súa amabilidade para con nós. Esperamos voltar pronto e poder mostravos o novo espectáculo "Iván e o lobo gris"!





mércores, 16 de abril de 2014

O día 24 estaremos no Salón de Abegondo

O xoves 24 deste mes temos unha cita no Centro Cultural O Salón, en Mabegondo, cos nenos e nenas de Infantil e 1º de Primaria do Ceip. San Marcos de Abegondo. 

Aquí vos deixamos un anaco da Axenda cultural do Concello de Abegondo na que figura a próxima actuación de Musicreques. 




Enlace á páxina da Axenda Cultural de Abegondo: 

venres, 14 de marzo de 2014

Próximas actuacións de Musicreques

Xa saíu publicada a resolución do programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e podemos dicir que a nosa proposta de actividade de música e monicreques "As aventuras de Quebranoces" tivo moi boa acollida. Nos próximos meses poderédesnos ver nas localidades de Abegondo, A Capela, Neda, Santiago de Compostela, Mugardos, Ribadeo e O Vicedo. Publicaremos en facebook as datas, lugar e hora das actuacións, para que podades achegarvos e ver o concerto se o desexades.

Temos tamén previstas moitas outras actuacións dentro da rede Cultural da Deputación, das que vos informaremos en breve, e que nos levarán por toda a provincia de A Coruña.




sábado, 20 de abril de 2013

Concerto no Ceip. San Marcos 2

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos no cole de Abegondo. Non hai fotos dos monicreques porque as que sairon sen flash sairon movidas e as con flash perden todo o ambente de luces de cores que hai nas escenas. Esperamos que vos gusten estas pouquiñas que eleximos para o blog.



Os nenos sorprendéronse moito e disfrutaron coas diapositivas das viaxes mentres soaba a fermosa música de Tchaikovsky.




Daba gusto ver bailar aos nenos o Vals das flores, aunque costou un pouco que se puxeran por parellas!! A verdade é que daba algo de vergoña sair diante de todos e coller a unha nena pola cintura... menos mal que as rapazas son máis decididas e colleron elas aos nenos!




Despois,  foron tan amables de nos dar un agasallo...



Moitas gracias Ceip. San Marcos!!!!


venres, 19 de abril de 2013

Concerto no Ceip. San Marcos 1

O martes 16 estreamos o espectáculo de "As aventuras de Quebranoces" no Ceip San Marcos de Abegondo para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria. Os nenos pasárono xenial, ríronse un montón e houbo moitísima participación, pero nós aínda o pasamos mellor. Mereceu a pena o traballo e o esforzo!. Moitas gracias a todos o que fixeches posible esta loucura.