Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de decembro de 2013

Imaxes da actuación no Centro Sociocultural de Bertamiráns

Onte actuamos no Centro sociocultural, de Xuventude e Terceira idade de Bertamirans para os nenos e nenas do Ceip. A Maía. Viñeron os alumnos de Educación Infantil e 1º de Primaria, para os que fixemos dúas sesións.


Houbo unha confusión cos horarios e os rapaces chegaron antes do previsto. Menudo estrés!! Afortunadamente despois marchou todo perfectamente e os nenos gozaron moito da actuación. Dixérennos os profesores que lles gustara moito o Concerto didáctico e que quedaran abraiados da atención que prestaran os pequenos de Infantil durante todo o espectáculo.

Queremos facer mención tamén a gran axuda que tivemos onte de parte de Quique, que fixo de técnico de luces e son, de fotógrafo, e manexou inmellorablemente a proxección de diapositivas. Moitas grazas, Quique!!

Aquí vos deixamos unha mostra do día de onte.







xoves, 3 de outubro de 2013

Vestiario dos monicreques

Xa coñecedes ás intérpretes Alma e Loreto, que son a cara visible de Musicreques, pero o traballo da Asociación ten tamén outra cara máis agachada, aínda que tamén moi importante para o proxecto artístico. 

Hoxe imos presentarvos a Marisa e Bea, as artistas encargadas do deseño e realización do vestiario dos monicreques. 



O seu labor ca agulla impresiona pola multitude de detalles que enche as saias, mandís, panos, e sombreiros que lucen os nosos pequenos bonecos.



Gracias ao seu traballo, os nosos monicreques teñen un "algo" especial que enche de tenrura a quen os ve cobrar vida no escenario. Non pensades o mesmo?


luns, 22 de abril de 2013

O conto de Quebranoces

Para os que non sepades de que trata o conto de Hoffmann no que se basa o noso espectáculo, podo explicarvos brevemente de que vai: 


A trama da historia desenvólvese en Nadal na casa de Stahlbaum, onde os nenos Fritz e María disfrutan dos seus agasallos de Nadal. A María gústalle especialmente un boneco quebranoces de expresión doce e bondadosa pero o seu irmán rómpello causándolle un gran desgusto.

Os nenos abren os seus agasallos de Nadal

Ao rematar a festa todos van durmir, pero María entra na habitación dos xoguetes para ver como está o boneco quebranoces e ve como os xoguetes cobran vida e empezan a pelexar, dirixidos por o Quebranoces, contra un exército de ratos guiados polo seu rei. Ela ponse a favor de Quebranoces e o salva do rei rato lanzándolle, ao malvado, un zapato.

A batalla entre Quebranoces e o Rei rato

Desgraciadamente, e tras cortarse cun cristal María ten que gardar cama durante unha semana. Nese tempo coñece, no conto da “Noz dura” a historia do príncipe Quebranoces e o seu feitizo por culpa da malvada Ratona.
Unha noite o Rey Rato vai a habitación de María e esíxelle doces a cambio de non ferir a Quebranoces pero, tras varias noites de sacrificar os seus bonecos de azucre ao Rey Rato, ela dalle unha espada a Quebranoces coa que o príncipe consegue matar o malvado roedor. 
Quebranoces leva entón a María ao Reino dos Doces ata que, de súpeto, a nena cae e aparece na súa cama onde a súa nai lle di que todo foi únicamente un sono. 

A fada de zucre facendo maxia no Reino do Doces

Algo máis adiante María coñece ao sobrino de Drosselmeier, quen afirma estar libre do feitizo de ser un boneco Quebranoces gracias a ela. O xoven Drosselmeier pídelle a man para reinar xuntos no palacio de Mazapán, ao que María acepta.

Bonito, verdade?