Entre 40 e 50 rapaciños asistiron onte á representación do Contacontos Musical en Boimorto que tivo lugar a través da Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Por mor do mal tempo a actuación realizouse na Casa da Cultura e non no Campo do Rosario, como estaba previsto inicialmente.
Os rapaces, así como tamén as suas nais e pais, gozaron e participaron dos distintos contos, algúns para descubrir, outros para sentir e tamén para ler, cantar ou interpretar. Ademáis, tivemos a inestimable axuda de dous simpáticos rapaces, Marco e Lois, e unha rapaza, Mabel, que representaron maxistralmente o conto de Antón o camaleón.
Foi un tracer visitar Boimorto por primeira vez e esperamos poder voltar pronto con outro dos nosos espectáculos.
Un precioso espectáculo de contos con unha maravillosa música axeitada a cada un dos contos.��������
ResponderEliminarPasámolo xenial. Moi recomendable para todos os nenos e non tan nenos que queran disfrutar duns fermosos contos e de boa música en directo. Repetiremos seguro, parabéns!
ResponderEliminar