Trala sesión para os escolares de Coristanco que realizamos o venres 16, este martes achegámonos ata a Biblioteca Municipal de Mugardos, na que o ano pasado representamos "As aventuras de Quebranoces", para levar nesta ocasión aos rapaciños mugardeses o conto de "Iván e o lobo gris".
Os nenos e nenas que viñeron a ver o conto musical pasárono fenomenal e non perderon nin unha migalla de atención en todas as peripecias polas que pasa o simpático e tamén algo miedosiño Iván.
Compartimos con vós a reseña que fan da representación os responsables da Biblioteca no blog do programa Ler conta moito. Alégranos moito as súas amables palabras!
Unhas simpáticas rapaciñas posan cos monicreques |
Ningún comentario:
Publicar un comentario