Co gallo da apertura mañá do prazo de contratación para a Rede Cultural da Deputación de A Coruña, compartimos convosco o video dun dos nosos espectáculos en cartel, O Quebranoces.
Ademáis deste espectáculo (para bebés), tamén temos disponible na Rede Cultural outros dous contos musicais con monicreques, para nenos de tres a 12 anos.
Iván e o lobo gris (unha historia de aventuras polo bosque con música de A. Dvorak)
Como sabedes, o conto de " A tola de Lola" é un dos contos de Musicreques pertencente ao espectáculo de Contacontos Musicais. Témolo á venta nas librerías Áncora e Ferreiros de Pontedeume e no Bieiteiro de Abegondo. Se vos interesa e aínda non o tedes impreso en papel, podedes conseguilo nestas librerías ou tamén facernos un pedido directamente a nós xa que, se o precisades, o enviamos a domicilio.
Hoxe estamos moi contentas de poder comunicarvos que podedes tamén agora gozar do conto de Lola coa mesma música e narración oral que facemos no contacontos. O único que tedes que facer é visitar a nosa canle de Youtube ou directamente neste post.
"A tola de Lola" é un conto orixinal de Musicreques, escrito por Loreto Pérez e ilustrado por Alma Cendán. Trata dunha vaquiña tola que sempre está a pensar en como pode axudar, mais non sempre as súas eleccións son as mellores opcións...
Un divertido conto no que se tratan temas como o respeto aos que son diferentes, a importancia de valorar aos demais polo que fan aínda que non sempre as cousas saian como un quere, e o valor de ser quen un es maila que non sexa o que os demais esperan del.
É unha breve mostra do que fixemos en distintas localizacións (como Negreira, Ourense, Carballo ou Pontedeume), dos materiais que empregamos (monicreques, ilustracións, instrumentos de pequena percusión, etc), e tamén da posta en escena.
A música que soa de fondo é o acompañamento ao piano duna das cancións incluídas no espectáculo: a canción da Tola de Lola, composta por Alma Cendán.
Este mes de febreiro os Contacontos Musicais de Musicreques tamén teñen cita nos coles de Ferrol e Narón.
O venres 15 visitaremos o Ceip A Laxe onde actuaremos para aproximadamente 60 escolares de infantil e primaria. Esta actuación enmárcase dentro do programa de dinamización da música e a lectura que facemos conxuntamente co CMUS Xan Viaño de Ferrol.
O mércores 20 achegarémonos ata Narón, ao Ceip A Solaina onde volveremos a contar os nosos contos aos raparigos e raparigas da comarca de Ferrolterra.
Xa está disponible na nosa canle de Youtube o pequeno video incluído na versión dixital do artigo de Beatriz Antón en La Voz de Galicia do 22 de xaneiro de 2019.
Neste ano 2019, Musicreques volve a participar no programa "Ler conta moito" de dinamización da lectura, das Bibliotecas públicas integradas en la Red de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Os dous contacontos caracterízanse por misturar a narración oral coa interpretación de música en directo, ademáis de monicreques, cancións, rimas e ilustracións. Todo elo para facer dos contos algo no que os rapaces poidan participar activamente. Estos espectáculos son aptos para ser representados tanto en espazos de interior como en exteriores.
Os contos, escritos por Loreto Pérez e ilustrados por Alma Cendán, están pensados co obxectivo de entreter, divertir, soñar, educar e reflexionar, para público infantil e familiar e adaptados ás distintas idades.
Onte tivemos a sorte de que Beatriz Antón, do xornal La Voz de Galicia, viñera a falar connosco sobre a traxectoria de Musicreques nestos seis anos dende a formación da compañía. Deixánosvos aquí o enlace o artigo esperando que sexa do voso interese.