venres, 24 de abril de 2020

O conto musical do caracol viaxeiro en Youtube

Se aínda non estades subscritos á nosa canle de Youtube non deixedes de facelo se queredes estar ao día das nosas publicacións, porque dende o video de Ramona, a mosca lambona que colgamos a principio deste mes, engadimos un conto musical máis: o conto de "O caracol viaxeiro". 

Nel aproveitamos para dar a coñecer aos raparigos a fauna das distintas partes do mundo, dende o deserto ata o ártico, a selva e as fragas, todo isto coa fermosa música do segundo movento (Andante) da Sonata en Do.M K 545 de Mozart.



As ilustracións dos fermosísimos debuxos vectoriais que aparecen no conto as atopamos  ná páxina: https://www.freepik.es/fotos-vectores-gratis, e as fotos de animais da páxina: https://pixnio.com/es/

Por outra banda, e polo día do libro do pasado xoves, compartimos tamén nas nosas páxinas de Facebook e Instagram un simpático video que fixeron catro dos nosos pequenos seguidores (Iago, Lois, Leo e Iria) contando e recomendando o noso conto A tola de Lola. Se non coñecedes o conto non deixedes de velo!

Esperamos que estedes todos ben e que o noso traballo vos axude a levar mellor esta difícil situación de confinamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario