domingo, 27 de outubro de 2019

O Contacontos de Musicreques no Apego de Narón

Este venres 25 de Outubro visitamos Narón, invitadas polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello, para facer unha sesión dobre do Contacontos Musical para bebés dentro do Programa Apego.

A primeira sesión tuvo lugar ás 17:00 e a segunda ás 18:15 no Local Social "Os Irmandiños" do Val. Encheuse o aforo nas dúas sesións xa que asistiron ao redor de uns 40 bebés acompañados dos seus pais, en cada unha delas.

Todos, maiores e pequenos, pasámolo pipa cos contos, cantando, dando palmas, facendo as coreografías e gozando dos monicreques. Ao rematar o Contacontos, moitos rapaciños achegáronse ata o escenario para que o paxariño Pío lles peteirase na man e foi moi bonito ver as súas caras cheas de ilusión.

Aquí tedes algunhas imaxes do Contacontos para bebés deste venres.




As próximas actuacións serán nos Concellos de Coirós e Cedeira. Vémonos!



Ningún comentario:

Publicar un comentario