mércores, 17 de decembro de 2014

Musicreques leva a Iván ao Ceip de Andrade

Tras a exitosa estrea da semana pasada no Couceiro Freijomil... arranca a xira musical de "Iván e o Lobo gris"





A primeira parada dos nosos monicreques nesta nova andaina que comezan, foi o pasado luns no CEIP de Andrade, un cole xa coñecido por Musicreques no que sempre nos sentimos moi ben acollidas. 

Ao espectáculo asistiron todos os nenos do cole, tanto os de Educación Infantil como os de Primaria, e pasárono xenial coas aventuras dos nosos protagonistas. Os nenos acompañaron as danzas eslavas de Dvorak con palmas e gargalladas a esguello, e ata rematamos o espectáculo cantando todos xuntos a fermosa canción baseada no tema da Danza Eslava nº 1 incluída na nosa Guía Didáctica. Foi un final moi fermoso e emocionante!

Noraboa a profe de música Isabel por ser quen de achegar a música aos pequenos con tanta ilusión, e grazas a todo o cole de Andrade por tratarnos sempre cun agarimo tan especial. 





1 comentario:

  1. Foi un espectáculo moi completo e divertido. Paréceme un modo fantástico de acercar a música clásica aos máis pequenos. Parabéns!!!

    ResponderEliminar