luns, 8 de setembro de 2014

Presentamos "O Quebranoces" para bebés

Cando comezamos ca Asociación e pensamos en difundir a música clásica entre os nenos, sempre pensamos en aqueles que xa ían ao colexio e non se nos ocorreu pensar nos máis pequeniños, os rapaciños e rapaciñas de menos de tres anos. Fai pouco unha nai dunha Escola Infantil Municipal de A Coruña púxose en contacto con nós e preguntou se podiamos adaptar "As aventuras de Quebranoces" para nenos de 0 a 3 anos, facéndonos decatar de que os máis meniños tamén teñen que gozar da beleza da música e a diversión do teatro e, por suposto, canto antes mellor!!

E así xurdiu este espectáculo que vos imos presentar. 


"O Quebranoces" para bebés baséase no coñecido conto de Hoffmann xunto ca fermosa música da Suite de Tchaikovsky, ao igual que fixemos en "As aventuras de Quebranoces", pero adaptado ao nivel de comprensión e desenrolo dos bebés. Procuramos reducir a duración da actuación a 1/2 hora para que os pequenos non cansen e poidan estar atentos durante todo o conto, pero tamén engadimos outros contidos axeitados aos campos que se traballan nas Escolas Infantís: o coñecemento do corpo, as cores, o día e a noite, o tempo, a roupa, o primeiro contacto cos números, que é arriba ou abaixo….

Tedes toda a información que podades necesitar na páxina ESPECTÁCULOS, situada máis arriba desta entrada ou pinchando directamente neste enlace.

Se queredes ver parte dos contidos que os nenos van traballar en "O Quebranoces" para bebés, o podedes facer nesta canción que, polo que nos din, xa está a ter moi boa acollida!

video


Ningún comentario:

Publicar un comentario