venres, 20 de setembro de 2013

Guía didáctica de Quebranoces

Hoxe pasámoslles aos profes do Ceip. Conde de Fenosa a guía didáctica de "As aventuras de Quebranoces" para que comecen as actividades preparatorias do Concerto didáctico que imos realizar en novembro. Esperamos que aos profes lles gusten as actividades propostas e os nenos aprendan moito con elas.

As actividades están diferenciadas segundo o nivel educativo que teñan os alumnos, de Infantil ou de Primaria, e as fixemos pensando en que puideran ser traballadas nas clases das diferentes materias que se imparten nos coles. Se queredes máis información sobre a Guía didáctica podedes consultar a páxina do blog que temos adicada a explicala, chamada "Dossier para os coles".

De todas as actividades que os profesores poden escoller para traballar cos alumnos de Infantil, destacamos: o conto da canción chinesa, porque lle temos moito agarimo. Pasámolo moi ben facendo as ilustracións e a letra da canción. Pensamos que, ca axuda do conto, os rapaces a aprenderán moi rápido e, quen sabe, con un pouco de sorte, cando fagamos o espectáculo cantarán a canción mentres a toquemos para eles.



Gústavos a portada do conto?

Ningún comentario:

Publicar un comentario