xoves, 30 de maio de 2013

O Quebranoces no Ceip. de Andrade

Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos imos decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel, Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa. 

Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.


Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas... pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!

Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.






Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!

mércores, 22 de maio de 2013

As nosas cancións

As nosas cancións xa están a ser traballadas polos nenos da aula de música do Ceip. de Andrade!



O simpático ruso tocando o contrabaixo


Gústanos moito que o fagan porque así poden cantar as cancións cando as toquemos para eles.

sábado, 11 de maio de 2013

Video de As aventuras de Quebranoces

Deixámosvos enlace ao video de Youtube do noso concerto didáctico "As aventuras de Quebranoces". Tedes un anaquiño de cada escena protagonizada polos monicreques. Esperamos que vos guste!!



venres, 3 de maio de 2013

Próxima actuación

Alegrámonos moito de poder contarvos que temos xa unha nova actuación prevista para este mes de maio. O Ceip. de Andrade no Concello de Pontedeume púxose en contacto con nós e acordamos representar "As aventuras de Quebranoces" o día 30. Xa nos tarda que chegue o día..!


O Ceip. de Andrade

Con esta será a terceira vez que Quebranoces e os seus amigos cobren vida no teatrillo e fagan rir e disfrutar aos nenos. Fainos moita ilusión poder levar de novo a fermosa música de Tchaikovsky aos rapaces e esperamos que lles guste tanto como a nós.