mércores, 25 de xuño de 2014

Ultimas actuacións antes do verán

O venres 20 despedimos a nosa actividade antes de comezar as vacación de verán con dous concertos didácticos en dous extremos da provincia da Coruña. Pola mañán visitamos o Ceip de Frions en Santa Uxía de Riveira invitados pola Anpa do cole, de quen tivemos una gran axuda con todos os nosos trebellos. Pola tarde subimos ata a Biblioteca municipal de A Capela onde tiñamos unha actuación dentro do programa de animación á lectura "Ler conta moito" das Bibliotecas Públicas de Galicia. Deixámosvos aquí o enlace ao seu blog onde aparece a reseña da nosa actuación. Foi un día moi intenso e moi divertido!

Con estas dúas representacións de "As aventuras de Quebranoces" despedimos, xunto cos rapaces de Frions e A Capela, o intenso curso escolar e comezamos as vacación estivais. Voltaremos á actividade en setembro. 

Actuación na Biblioteca de A Capela

Lembrade que para o próximo curso poñeremos en marcha o novo espectáculo de "Iván e o lobo gris", unha fantástica historia de lobos, bruxas e maxia, na que poderedes acompañar a Iván na desesperada procura dun misterioso ladrón ao que terá que atopar…. se non quere que lle corten a cabeza! E todo iso cos nosos fermosos monicreques e a xenialidade e enerxía da música das Danzas eslavas de Antonín Dvorák.

venres, 13 de xuño de 2014

O día 20 estaremos en Riveira e A Capela

De hoxe nunha semana, o venres 20 de xuño, percorreremos de sur a norte a provincia de a Coruña para levar o noso espectáculo dende Riveira, onde actuaremos para os nenos e nenas de o Ceip. de Frións, ata a Biblioteca Municipal de A Capela, na que representaremos "As aventuras de Quebranoces" dentro do programa "Ler conta moito".

Fainos moita ilusión que os nenos poidan despedir o curso escolar e comezar as súas vacacións estivais gozando ca música e o teatro.