domingo, 29 de decembro de 2019

Pechámolo ano cun balance moi positivo

Agora que o 2019 vai rematar, prechámolo ano cun balance moi positivo xa que todos estes meses estiveron cheos de actuacións de Musicreques por numerosos Concellos de Galicia,  especialmente na provincia de A Coruña. 


Algún destes Concellos coñecían a Musicreques de ocasións anteriores, como Abegondo, Narón, Ourense, O Carballiño, Ribadeo..., e alégranos moito que de novo quixeran volver a contar connosco con outro dos nosos espectáculos. Mais tamén fíxonos moitísima ilusión visitar varios Concellos por primeira vez, coma Cee, Cedeira, Coirós, Irixoa, Frades, ou Oza dos Ríos, e aos que esperamos poder volver pronto. 

Outras localidades (como Fene ou Valdoviño) xa as visitáramos polas sesións para escolares que levamos a cabo regularmente, mais neste ano eses Concellos chamáronnos tamén para realizar algunha actuación na súa biblioteca, auditorio ou aula de cultura e sempre é especial coñecer novos espazos!

Quedaron pendentes as actuacións en Trazo e en Mofero que tivemos que deixar para o 2020 por diversas causas e das que vos informaremos en canto concretemos a data.

Pechámolo ano, si... mais facémolo invitándovos a asistir á representación dos Contos e Música do ceo, da terra e do mar que terá lugar o sábado 4 de Decembro ás 17:00 na Casa da Cultura do Concello de Pontedeume. Unha chea de contos, música e monicreques. Volo ides perder?




xoves, 19 de decembro de 2019

Musicreques xa está en Instagram

O pasado fin de semana fixemos una enquisa aos nosos seguidores de Facebook para saber se querían que Musicreques tivera presencia en Instagram, xa que era algo que nos recomendaran facer tempo atrás. A resposta foi moi entusiasta a favor da idea e daquela.... xa temos páxina de Instagram!


Esperamos que a nova vos sexa de interese e que nos sigades por alí! e aproveitamos para lembrarmos que tamén temos páxina de Facebook e canle en Youtube.

Seguídenos nas redes!!


domingo, 15 de decembro de 2019

Musicreques na programación de Nadal

Trala actuación do pasado venres na Escola Municipal Infantil do Concello de Abegondo onde representamos o noso Quebranoces para bebés dentro da programación de Nadal do devandito Concello, estámosnos a preparar para a seguinte representación que será este mércores 18 de decembro no Concello de Fene. Nesta ocasión, Musicreques realizará o Contacontos Musical na Biblioteca Pública Municipal.

As estradas están xa esgotadas dende o venres, mais os interesados pódense apuntar nunha lista de agrada no teléfono 981342302 por se alguén se da de baixa.

Compartimos convosco algunhas fotos do Quebranoces en Abegondo onde os rapaciños estiveron moi atentos e participativos.




 Despois da cita en Fene, poderédesnos atopar o sábado 21 en Trazo! Volo ides perder?