xoves, 30 de maio de 2013

O Quebranoces no Ceip. de Andrade

Hoxe actuamos no Ceip. de Andrade. O primeiro que vos imos decir é que estamos moi contentas e agradecidas polo fantástico trato e a amabilidade que todos tiveron con nós, especialmente Isabel, Encarna e Aurelio. Fixéronnos sentir casi como se estivésemos en casa. 

Ao chegar ao cole atopamos este fermoso cartel que anunciaba a nosa visita.


Foi un día cheo de incidencias e imprevistos: semellaba que as diapositivas non se ían poder ver, caeu do teatrillo a pelota ca que xogan Clara e o seu irmán, as flores non querían estar ben dereitiñas... pero afortunadamente ningunha desas cousas tivo importancia porque todo puido arranxarse e tanto os nenos como os profes pasarono moi ben e gustoulles o espectáculo!!

Aquí tedes unhas fotos cos rapaces.






Ata a próxima vez Ceip. de Andrade!!

1 comentario:

  1. Parabéns!!!
    Foi un estectáculo fantástico. Direivos que as nenas e nenos de Andrade quedaron encantados e os mestres tamén. Moitas grazas e ata sempre.
    Enviarémosvos a nosa reportaxe da actuación.
    Bicossssssss

    ResponderEliminar