Páxinas

xoves, 23 de xaneiro de 2020

Actuacións de Musicreques nos Concellos de Monfero, Pontedeume e Trazo

Esta semana do 20 de xaneiro Musicreques levou os seus Contacontos a tres Concellos diferentes, Montero, Pontedeume e Trazo.

A primeira actuación levouse a cabo en Monfero dentro do programa "Espazo das familias" que ten lugar os luns dende o mes de outubro nas dependencias do CPI Virxe da Cela no Xestal. 

Alí representamos o Contacontos Musical na versión para nenos de menos de tres anos. A epidemia de gripe fixo das súas nese Concello e non tivemos moito público, mais as crianzas que viñeron pasárono pipa e o pais quedaron moi contentos, e claro, tamén quedamos contentas nós porque tivera tan boa acollida o nosos Contacontos Musical.


A seguinte parada da semana foi no Ceip de Andrade, en Pontedeume, onde fixemos unha sesión para todos os escolares dos centro, algo máis de 100 alumnos dos cursos de Infantil e Primaria. Alí fixemos os Contos e Música do ceo, da terra e do mar

Este cole é moi especial para nós porque xa levamos motivos anos visitándoo, coñecen todos os nosos espectáculos (agás o de bebés, claro), e recíbennos sempre fantásticamente ben. Os rapaciños e rapaciñas do Andrade cantaron, bateron, recolleron e sobre todo, reciclaron dun xeito admirable. Nótase que a reciclaxe é un tema que están a traballar no colexio! ...e que mellor cousa para continuar ese traballo que gozar dos nosos Contos do ceo, da terra e do mar, nos que o fío conductor é a importancia de coidar o medioambiente e a reciclaxe.


A terceira parada desta semana foi no Ceip Viaño pequeno do Concello de Trazo. Esta actuación estaba prevista para o mes de decembro pero a tivemos que retrasar por mor dun temporal.

O Contacontos Musical foi de novo o espectáculo elexido, mais desta vez na versión para nenos de máis de tres anos. O alumnado do Infantil e primeiro e segundo ciclo de Primaria do Ceip Viaño pequeno gozou de tódolos contos cantando, dando palmas e recoñecendo e contando animáis. Unha gozada ter un público tan implicado no Contacontos.



Agora toca descansar un pouco para preparar novos proxectos. Non vos queremos adiantar nada porque xa se sabe que se o contamos... igual o gafamos! Así que mans á obra e ata pronto!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario