Páxinas

mércores, 3 de setembro de 2014

Presentamos "Iván e o Lobo gris"

Ola a todos! A ninguén lle gusta que rematen as vacacións, así que a mellor forma de empezar setembro é facendo algo que nos faga felices, e a nós alégranos moito poder presentarvos hoxe o espectáculo de "Iván e o Lobo gris".

Xa temos todo listo: a música, os monicreques, o decorado, a guía didáctica e, por suposto, a páxina na que podedes atopar toda a información sobre este novo concerto didáctico. Podedes acceder a ela dende a pestana de MONICREQUES do blog ou pinchando neste enlace: Iván e o Lobo gris


Por se non vos lembrades do que comentamos sobre Iván faremos aquí un pequeno resumo. 

En primeiro lugar eliximos a música… e custounos moito porque tiñamos en mente moitas opcións marabillosas. Finalmente decidímonos polas Danzas eslavas de A. Dvorak porque é unha música moi fermosa e con moitísima enerxía que con toda seguridade lles vai gustar moito aos nenos.

Despois pensamos en buscar un conto que tivera relación cos ritmos eslavos das Danzas que vai a escoitar o público. Limos moito na web e rematamos por coñecer a A. Afanasiev, un folclorista de orixe ruso que se adicou a recompilar contos de tradición eslava. Entre todos os contos que lemos había algúns personaxes que nos gustaron especialmente e que poderedes ver no espectáculo: Iván, o Lobo gris, o paxaro de fogo, a ra, e Baba Yaga. Non deixedes de visitar a páxina:
e ler algún dos contos recompilados por Afanasiev. Seguro que vos van gustar!

Igual que fixemos en "As aventuras de Quebranoces" preparamos unhas diapositivas para que os nenos vexan mentres escoitan a música e que fan que o conto continúe entre as escenas que acontecen no teatrillo de monicreques. Ensinámosvos unha delas para que podades ver os bonitos debuxos das diapositivas.


Espero que vos guste o espectáculo de Iván e que gocedes con el tanto como o facemos nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario