Páxinas

mércores, 18 de decembro de 2013

Quebranoces divertiu aos nenos do CPI de Atios

Onte á mañá Musicreques viaxou ata Valdoviño para actuar no CPI de Atios. Os nenos de 6º de E. Infantil, e os de 1º, 2º e 3º de E. Primaria acompañaron a Quebranoces e Clara nas súas divertidas aventuras por todo o mundo. Non faltaron as caras de sorpresa, gargalladas e aplausos duns nenos moi atentos e participativos durante todo o espectáculo, que resultaron ser ademais uns expertos bailaríns no momento final de bailar o Vals das Flores. Acostumados ao "baile dos namorados" que lles tiña ensinado a súa profe de música, Tereixa, sorprendéronnos a todos facéndoo realmente ben!


Grazas a Iván por facer posible o contacto entre Musicreques e o cole, á profe de música Tereixa pola súa axuda e implicación na actividade, a Daniel por vir a vernos a pesar de telo complicado, e a todo o persoal do centro pola atención e amabilidade co que nos acolleron. Ata pronto.


Ningún comentario:

Publicar un comentario