Páxinas

mércores, 11 de decembro de 2013

Musicreques está de aniversario

Hoxe Musicreques fixo o seu primeiro aniversario!!


Durante este tempo, a tola aventura de formar unha Asociación sen ánimo de lucro que levase a música directamente aos rapaces nos centros educativos, levounos moito máis alá do que nun principio tiñamos pensado. A verdade é que todo empezou porque nos gustou moitísimo a experiencia de tocar nos concertos didácticos que fixemos no CMUS "Xan Viaño" de Ferrol con "O Carnaval dos animais" de Camile Saint-Saëns, e tiñamos ganas de seguir a tocar para os nenos e facelos gozar ca beleza da música. E así tomou forma este marabilloso proxecto que afortunadamente nos está a facer moi felices e que, ademais, nos permite aprender moitas cousas novas.

Ao longo destos meses case un millar de nenos puideron disfrutar de "As aventuras de Quebranoces" e pronto moitos máis escoitarán a música de Tchaikovsky e os diálogos dos nosos queridos monicreques, divertíndose ca inocencia de Quebranoces, a sensatez de Clara, a alegría e enerxía do ruso, o carácter da rusa, o gran apetito da serpe, as presas do chinés e a sabedoría do dragón.

O seguinte concerto didáctico que estamos a preparar xa está en marcha e vai tomando forma. Temos elixida a música, o guión rematado, feitos algúns monicreques e parte do decorado, e estamos a traballar nas diapositivas. Esperamos que próximamente queirades disfrutar con nós a historia de "Iván e o lobo gris"

Ningún comentario:

Publicar un comentario