Onte, Musicreques viaxou ata o Concello de Sada para representar o Contacontos Musical dentro do programa Ler Conta Moito. A actuación levouse a cabo con tódalas medidas de seguridade necesarias nestes tempo de pandemia, como o uso obragatorio de mascarillas, distancia de seguridade, control do aforo, uso de xeles desinfectantes, etc.
Aínda que o público estaba máis lonxe e era menos do habitual, todo saiu perfectamente e, tanto nenos como maiores, participaron activamente das cancións, coreografías, adiviñas, palmas, etc.
Tivemos unha gran axuda por parte do técnico de luces e son, David, que nos facilitou crear o ambiente axeitado e que se escoitara todo perfectamente ben a pesar de que Loreto usara a súa mascarilla durante o Contacontos Musical.
Moitas grazas ao Concello de Sada por contar connosco. Gustounos moito actuar ahí e esperamos volver pronto con outro dos nosos espectáculos!
A próxima cita será o sábado 10 en Bergondo. Se non vos quederedes pedrer ningunha das nosas actuacións, recomendámosvos que vos fagades seguidores de Musicreques nalgunha das nosas páxinas de
Facebook ,
Instagram ou
Youtube.
Ata a próxima