Quen somos



Musicreques está formado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto que no ano 2012 formaron o grupo Musicreques, un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido. 

Musicreques realiza contos musicais para público infantil e familiar nos que a música de piano, interpretada en directo, mestúrase cos contos e o teatro de monicreques para divertir aos nenos e engaiolalos coa beleza das artes escénicas.



Nestes momentos Musicreques ten tres espectáculos de monicreques en cartel, ademáis de dous espectáculos de Contacontos.

ESPECTÁCULOS DE MONICREQUES:
As aventuras de Qiuebranoces (en cartel)
Iván e o lobo gris (en cartel)
O Quebranoces (para bebés) (en cartel)


ESPECTÁCULOS DE CONTACONTOS: 
Contacontos Musicais
Contos e Música do ceo, da terra e do mar
O Camiño en bicicleta (en preparación)

Os monicreques utilizados nos espectáculos son case todos de manufactura propia e, para manipulalos, empréganse diversas técnicas polo que pódense ver tanto monicreques de man coma sobre man o de pao, en teatrillo ou sobre mesa. 



Outro elemento que se emprega as veces nos espectáculos de monicreques é a proxección de debuxos ou imaxes mentres soa a música do piano. Estes debuxos aportan un complemento aos contos que gusta moito aos nenos.



A traxectoria profesional de Musicreques dende o 2012 achegou a música e os monicreques a moitos concellos, coma: A Baña, Abegondo, A Capela, A Coruña, Ares, Arteixo, Arzúa, As Pontes de García Rodríguez, Bertamiráns, Cambre, Carballo, Cariño, Cerceda, Cariño, Coristanco..... etc. Para máis datos sobre a traxectoria profesional de Musicreques poden pinchar aquí.

3 comentarios: